EXPORTAR CORREO, CONTACTOS E CALENDARIO DENDE OUTLOOK
Outlook permite a exportación conxunta do teu correo, contactos e calendario de forma simultánea para importalos a posteriori na túa conta Office365. Preferentemente o que faremos vai ser exportar a un arquivo local todala información (correos, contactos e/ou calendarios) da conta vella do sistema da Universidade para con posterioridad incorporarlos na nova conta do sistema Office 365.
1. Inicie o Outlook.
2. Na parte superior do programa, na cinta de opcións, seleccione “Archivo”
3. Prema en “Abrir y exportar” no menú lateral esquerdo. Na parte dereita seleccione “Importar o exportar”
4. Seleccione “Exportar a un archivo” e prema en “Siguiente”
5. Deixe marcada a opción “Archivo de datos de Outlook(pst)” e prema en “Siguiente”
6. Seleccione o nome da conta vella que do sistema da Universidade que estamos migrando ó novo sistema Office 365. Verifique que o recadro “Incluír subcarpetas” está marcado, de este xeito exportaremos toda a nosa árbore de subcarpetas así como os contactos e o calendario, deixandoa preparada para a súa importación posterior na nova conta O365. Premer en “Siguiente”
7. Prema en “Examinar” para seleccionala carpeta de destino no noso ordenador e o nome do arquivo que vai conter os nosos datos exportados
8. Unha vez selecionada a carpeta e posto un nome ao arquivo, prememos en Aceptar. Este arquivo é no que quedarán almacenados no noso equipo local os correos, contactos e calendarios para poder importalos dende él conposterioridad.
9. Na fiestra de Exportación prema en Finalizar para inicialo proceso de exportación.
10. Aparece un cadro de diálogo no que podemos poñer contrasinal ao arquivo que imos crear. Recomendamos deixalo en branco e premer en Aceptar
11. Xa disporemos do arquivo coa exportación na carpeta seleccionada anteriormente
12. O arquivo cos nosos datos da conta de correo usarémolo para exportar os datos da nosa conta ao novo servizo de correo