A universidade está a migrar o seu sistema de correo electrónico á plataforma Office 365. Isto significa que a partires de agora e durante os próximos meses todas as contas migraranse progresivamente aos novos servidores de Microsoft e, finalmente, desaparecerán os actuais servidores de correo da Universidade. Se vostede está a ler nestes momentos esta guía probablemente é porque ten chegado o momento de migrar a súa conta ó novo sistema e por tanto é preciso facer algúns cambios na súa configuración e o modo de uso do correo.
Neste proceso os enderezos de correo electrónico non cambiarán, seguirán sendo usuario@uvigo.gal/usuario@uvigo.es pero será necesario realizar axustes na configuración dos programas utilizadosdo no correo electrónico no momento en que se migre cada unha das contas. (IMPORTANTE: a apartir da migración é preciso utilizar preferentemente a opción @uvigo.gal fronte a @uvigo.es por motivos de convivencia de ambas opcións).
Dende o punto de vista de recepción de emails non cambia nada, ambas dúas direccións van a seguir sendo funcionais, non temos que preocuparnos de notificar nada aos nosos contactos. Ambos dominios (.es e .gal) van a seguir pertecendo á Universidade, pero sí é certo que debemos de usar preferentemente .gal, sobre todo a efectos de autenticación. De feito, ambas direccións son no fondo a mesma, o envíado a unha remata no mesmo sitio que o enviado a outra, se deben de ver coma "sinónimos" máis que coma dirección diferentes a efectos de destino.
Coa migración conseguirnanse as seguintes vantaxes:
- Caixas de correo 10 veces máis grandes (50 GB)
- Acceso web mellorado ("Outlook Web Access"), máis áxil, potente e rápido que o actual.
- Acceso IMAP con cifrado SSL/TLS
- Filtro antivirus e antispam integrado.
É importante aclarar que no momento da migración non se perderá ningún correo electrónico, simplemente pásanse a recibir nos novos servidores e polo tanto será necesario comezar a utilizar un novo frontal de correo web en lugar de "correoweb.uvigo.gal" e/ou cambiar a configuración dos nosos programas de correo.
O proceso de migración realizarase por lotes, polo que no momento que lle toque migrar a súa conta recibirá un correo electrónico que lle notificará que nos próximos días se fará dita migración ao novo sistema nunha data concreta. Polo tanto, os correos electrónicos recibidos con posterioridade a dita data serán consultables no novo portal web portal.o365.uvigo.gal independentemente de que sexa necesario reconfigurar os programas de correo electrónico que tamén se poidan utilizar (Thunderbird e Outlook na maioría dos casos). Dito proceso de migración farase en dous pasos: un primeiro de notificación, a partires da cal xa deberá seguir as primeiras accions e no que se lle notificará a data exacta de migración. E un segundo paso a partires de dita data de migración no que deberá de facelas accións restantes. Todo o proceso describese con detalle no documento "pasos para o uso da nova plataforma de correo electrónico". É imprescindible para unha correcta migración ler e seguir os pasos descritos neste documento e o resto de esta guía . Por favor prema no enlace seguinte e léao detidamente, siga as súas instruccións si xa ten recibido o primeiro correo de aviso de que a súa conta vai ser migrada:
Reenvíos ou filtros de mensaxes:
Se ademais ten reenvío de correo ou aplica algunha regra de filtrado, teña en conta que deberá reconfiguralos no novo servizo de correo de Office 365 (portal.o365.uvigo.gal). Por favor, non cambie nada na sua configuración de correoweb.uvigo.es a partir do momento da migración. No seguinte enlace pode ver como implementar os filtros ou reenvíos no novo sistema:
Filtro anti Spam:
O novo sistema Office 365 leva integrado un filtro anti spam que o seren diferente do actual da Universidade fará que nun primeiro momento vostede note un comportamento diferente ó actual. En termos xerais o novo filtro e máis permisivo que o actual, polo que notará que lle chega máis spam ás súas contas de correo. Coma é habitual, vostede pode ir "entrenando" dito filtro se categoriza coma spam aqueles correos.
Programas específicos de correo:
É moi probable que utilice un programa de correo electrónico específico. Os máis habituais na comunidade universitaria son Thunderbird e Outlook de escritorio nas súas distintas versións. Se é o seu caso, nos seguintes enlaces atopará guías de configuración e migración para ambos dous programas:
Para calquera outro programa de correo distinto de estes dous as configuracións que se deben de usar para as novas contas son as seguintes:
- Correo entrante:
- Protocolo: IMAP
- Servidor: outlook.office365.com
- Porto: 993
- Método de autenticación: oAuth2
- Correo saínte:
- Servidor: outlook.office365.com
- Porto: 587
- Método de autenticación: oAuth2