Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Asegúrese de ter a última versión do Outlook, “Microsoft Outlook para Office 365”. Neste enlace ten información sobre como obter e instalar a suite Office 365: https://support.microsoft.com/es-es/office/descargar-e-instalar-o-reinstalar-microsoft-365-u-office-2021-en-un-equipo-pc-o-mac-4414eaaf-0478-48be-9c42-23adc4716658

Ao finalizar o proceso de configuración da conta, terá o Outlook de escritorio configurado para poder empregar a súa conta usuario@uvigo.gal para enviar e recibir correos, pero SEN o seu arquivo de correos, calendario e contactos que tiña ata agora. Teña en conta que aunque ambas contas teñan a mesma dirección, a efectos de Outlook son contas distintas xa que usan caixas de correo en servidores distintos (os da Universidade e os de Microsoft).

Se a conta vella estaba configurada como IMAP e todo o correo estaba almacenado nos servidores da Universidade, cando se faga a migración a O365, todas esas mensaxes aparecerán nas novas caixas de correo. Deste xeito o único que fara falla facer é configurar a nova conta.

Sen embargo se tiñamos correos almacenados en local (ben porque tiñamos a conta configurada coma POP ou porque os descargaramos a carpetas locais) será necesario facer unha exportación de correos da conta vella e unha importación na nova conta. Se o desexa, pode trasladar o correo do antigo sistema de correo da UVigo ao novo. Tamén é posible ter os antigos contactos e os calendarios. Ó final desta páxina hai enlaces a sendas guías para facer dita exportación e importación.

Se con anterioridade Outlook aplicaba regras de filtrado na antiga conta, estas regras non se aplicarán na nova. Se quere que se sigan aplicando, deberá de crealas de novo. Existen dúas posibilidades:

A nosa recomendación é facelo nos servidores Office 365 se é posible.


O CORREO NO OUTLOOK 

Outlook permite xestionar varias contas de correo dende un único sitio. Para facelo, ten que configurar cada unha das contas que desexa manexar. 

Como paso previo á configuración da conta debe ter Outlook instalado no ordenador. De non ser o caso ver a guía “Instalación de Office 365 en Windows” ou “Instalación de Office 365 en MAC” 


CONFIGURE A SÚA CONTA 

1. Inicie o Outlook. 

 

2. Configuración se non tiña contas configuradas no Outlook 

2.1.  A primeira vez que o inicie, Outlook amosará un asistente para que engada unha conta. Indique o seu nome e a súa conta de correo, deixando en branco os campos da contrasinal. Verifique que está seleccionado “Cuenta de correo electrónico”. Prema en “Siguiente” 


2.2. Verifique na nova fiestra que a dirección de correo é correcta e prema en “Siguiente” 

 


2.3. Na nova fiestra de identificación centralizada da UVigo, pode elixir identificación por usuario/contrasinal, por NIU ou por certificado dixital. Se elixe usuario/contrasinal ten que empregar as súas credenciais da UVigo.  IMPORTANTE: debe de indicar a súa conta de correo co sub-dominio .gal , isto é, usuario@uvigo.gal , se utiliza usuario@uvigo.es non vai funcionar.

 


2.4. De identificarse con éxito, Outlook amosa a información sobre as operacións que vai realizando. Agarde a que remate, desmarque o recadro “Configurar Outlook  Mobile en mi teléfono también”  e prema en “Finalizar”. 


2.5. Xa está a conta de correo creada en Outlook 

 


3. Configuración se xa tiña contas previas no Outlook 

3.1. Cómpre crear un novo perfil en Outlook para a/s conta/s a migrar. Prema no menú “Archivo” na parte superior esquerda 

 


3.2. Prema en “Configuración de la cuenta” e seleccione “Administrar perfiles” 


3.3. Prema en “Mostrar perfiles”: 

 

3.4. Comprobe que estea marcada a opción “Solicitar un perfil” cando se inicie Outlook antes de pulsar en “Agregar”: 


3.5 Indique un nome para o novo perfil, por exemplo, “M365”: 

 

3.6. Indique o seu nome e a súa conta de correo, deixando en branco os campos da contrasinal. Para que se active terá que premer no círculo de “Cuenta de correo electrónico” 

 

3.7. Ao pulsar en “Siguiente” terá que identificarse empregando a súa conta usuario@uvigo.gal. Prema en “Siguiente” 


3.8. Na nova fiestra de identificación centralizada da UVigo, pode elixir identificación por usuario/contrasinal, por NIU ou por certificado dixital. Se elixe usuario/contrasinal ten que empregar as súas credenciais da UVigo.  IMPORTANTE: debe de indicar a súa conta de correo co sub-dominio .gal , isto é, usuario@uvigo.gal , se utiliza usuario@uvigo.es non vai funcionar.


3.9. De identificarse con éxito, Outlook amosa a información sobre as operacións que vai realizando. Agarde a que remate, desmarque a casiña “Configurar Outlook  Mobile en mi teléfono también”  e pulse en “Finalizar”. 


3.10. Prema no botón “Aceptar” para pechar a fiestra coa información do novo Perfil 


3.11. Para confirmar que o novo perfil se creou con éxito, peche Outlook e vólvao a iniciar. Seleccione o novo perfil creado dende a ventá de selección e prema no botón “Aceptar” 


3.12. Xa ten á súa disposición o novo perfil coa conta de correo creada 

 


 

4. CONFIGURAR MÁIS CONTAS 

No caso de que desexe engadir máis contas de correo ao Outlook debe realizar os seguintes pasos 

4.1. Ir a “Archivo” na parte superior esquerda 


4.2. Prema en +Agregar Cuenta 


4.3. Na fiestra de configuración, introduza a conta de correo que desexa engadir. Prema no botón “Conectar” 


4.4. Se todo é correcto aparece unha fiestra de confirmación que indica que se ten que reiniciar Outlook. Prema o botón “Hecho” para reiniciar 



 

  • Sin etiquetas