Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

EXPORTAR CORREO, CONTACTOS E CALENDARIO DENDE OUTLOOK 

Outlook permite a exportación conxunta do teu correo, contactos e calendario de forma simultánea para importalos despois na súa conta Office365. Preferentemente exportarmos a un arquivo local toda a información (correos, contactos e/ou calendarios) da conta vella do sistema da Universidade para mais tarde incorporarlos na nova conta do sistema Office 365.

1. Inicie o Outlook. 


2. Na parte superior do programa, na cinta de opcións, seleccione “Archivo” 


3. Prema en “Abrir y exportar” no menú lateral esquerdo. Na parte dereita seleccione “Importar o exportar” 


4. Seleccione “Exportar a un archivo” e prema en “Siguiente” 


5. Deixe marcada a opción “Archivo de datos de Outlook(pst)” e prema en “Siguiente” 


6. Seleccione o nome da conta vella do sistema da Universidade que se vai migrar ó novo sistema Office 365. Verifique que o recadro “Incluír subcarpetas” está marcado, de este xeito exportase toda a árbore de subcarpetas así como os contactos e o calendario, deixándoa preparada para a súa importación posterior na nova conta O365. Premer en “Siguiente” 


7. Prema en “Examinar” para seleccionar a carpeta de destino no seu ordenador e o nome do arquivo que vai conter os datos exportados 


8. Unha vez seleccionada a carpeta e posto un nome ao arquivo, prema en Aceptar. Este arquivo é no que quedarán almacenados no seu equipo local os correos, contactos e calendarios para poder importalos dende el con posterioridade.


9. Na fiestra de Exportación prema en Finalizar para iniciar o proceso de exportación. 


10. Aparece un cadro de diálogo no que pode poñer contrasinal ao arquivo que se vai crear. Recomendamos deixalo en branco e premer en Aceptar 


11. Xa dispón do arquivo coa exportación na carpeta seleccionada anteriormente

 

12. O arquivo cos datos da conta de correo usarase para exportar os datos da conta ao novo servizo de correo 

 

 

  • Sin etiquetas