...
En xeral procure definir só os filtros imprescindibles, para evitar problemas de este tipo.
Configurar regras de filtrado
Acceder ó menú de regras de filtrado
Para acceder ó menú de "Filtros" pode:
- Premer en calquera das opcións do recadro "Filtros" da páxina de inicio de corrreoweb
- Ir a "Correo" -> "Filtros"
Definir unha regra
No menú de filtros:
- Pulse en "Nova regra"
- De un nome identificativo para a regla
Pode indicar se quere que se cumpra unha ou varias condicións:- Movela a unha carpeta ("Entregar na caixa de correo....")
- Reenviala a outra conta, gardando unha copia ("Entregar na caixa de correo de Entrada e redirixir a...")
- Copiala a unha carpeta: garda unha copia no buzón de entrada, pero fai unha copia ("Entregar na caixa de correo de entrada e copiar a ...")
- Borrar a mensaxe ("Eliminar completamente a mensaxe"): Teña coidado ó definir regras de este tipo, non se garda copia das mensaxes borradas de este xeito
- Rexeitar a mensaxe ("Rechazar co motivo"): Teña coidado ó definir regras de este tipo, non se garda copia das mensaxes rexeitadas de este xeito
- Notificar a outra dirección de correo
- Indique que garda o filtro "Garda"
Administrar as regras existentes
Ver regras definidas polo usuario
Pode ver o listado de regras existentes no menú de "Filtros".
Borrar unha regla
Pode borrar as reglas definidas (non as predefinidas de lista branca, negra, reenvío, ausencia ou filtro de Spam) dende o menú de "Filtros"
...