Page tree
Skip to end of metadata
Go to start of metadata



O acceso web ó correo permite definir filtros para mover de xeito automático mensaxes a diferentes carpetas ou para borralos de xeito automático

(info) Os filtros definidos no acceso web ó correo aplícanse ó buzón do usuario, independentemente de se le o correo dende correoweb ou dende un cliente convencional (Outlook, Thunderbird, etc.)

(warning) Teña coidado ó definir os filtros, se decide que se borren mensaxes en base a filtrados estas non serían recuperables dende copia de seguridade (non se chegaron a gardar no servidor e por tanto non se dispón de copia de elas).

En xeral procure definir só os filtros imprescindibles, para evitar problemas de este tipo.

Configurar regras de filtrado

Acceder ó menú de regras de filtrado

Para acceder ó menú de "Filtros" pode:

  • Premer en calquera das opcións do recadro "Filtros" da páxina de inicio de corrreoweb

  • Ir a "Correo" -> "Filtros"

Definir unha regra

No menú de filtros:

  • Pulse en "Nova regra"

  • De un nome identificativo para a regla

    Pode indicar se quere que se cumpra unha ou varias condicións:
    • Movela a unha carpeta ("Entregar na caixa de correo....")
    • Reenviala a outra conta, gardando unha copia ("Entregar na caixa de correo de Entrada e redirixir a...")
    • Copiala a unha carpeta: garda unha copia no buzón de entrada, pero fai unha copia ("Entregar na caixa de correo de entrada e copiar a ...")
    • Borrar a mensaxe ("Eliminar completamente a mensaxe"): (warning)Teña coidado ó definir regras de este tipo, non se garda copia das mensaxes borradas de este xeito
    • Rexeitar a mensaxe ("Rechazar co motivo"): (warning)Teña coidado ó definir regras de este tipo, non se garda copia das mensaxes rexeitadas de este xeito
    • Notificar a outra dirección de correo
  • Indique que garda o filtro "Garda"

Administrar as regras existentes

Ver regras definidas polo usuario

Pode ver o listado de regras existentes no menú de "Filtros".

Borrar unha regla

Pode borrar as reglas definidas (non as predefinidas de lista branca, negra, reenvío, ausencia ou filtro de Spam) dende o menú de "Filtros"



  • No labels