Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Nos espazos web, baixo o directorio cron , pódense deixar páxinas que se executarán de xeito periódico.

(info.) O que se executará periódicamente serán chanadas a páxinas web (un webcron ), non tarefas executadas a nivel de sistema operativo 


Nestas carpetas pode deixar as páxinas ou páxinas en php que inclúan ou chamen a outras:

  • cron/hourly: tarefas que se executan cada hora
  • cron/daily: tarefas que se executan cada día
  • cron/weekly: tarefas que se executan cada semana
  • cron/monthly: tarefas que se executan cada mes


Pode deixar neses directorios:

  1. Unha páxina web
  2. Unha páxina que chame a outra:

    <?php
      fopen ( "http://usuario.webs.uvigo.es/components/com_applications/helpers/tbcron.php" ) ;
    ?>
  3. Unha páxina que inclúa outra

    <?php
       include "../../public/..../arquivo.php" ;
    ?> 

A orde de execución será aquela na que se ven os arquivos no directorio, se hai varias páxinas nun deles é preferible poñerlles como prefixos números para forzar unha orde:

  • cron/hourly/01-tarefa1.php
  • cron/hourly/02-tarefa2.php
    ....
  • Sin etiquetas