Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Espazos web de usuarios

Máis información

Servizo de aloxamento web para usuarios

  1. Pode solicitar o espazo calquera usuario cunha conta no dominio uvigo.es (contas do tipo usuario@uvigo.es)
  2. O espazo web do usuario publicarase como
    1. https://usuario.webs.uvigo.es
    2. https://usuario.webs.uvigo.gal
  3. O usuario non ten por qué efectuar tarefas de mantemento fora da súa propia aplicación
  4. Actualización automática do contorno (sistema operativo, intérprete de php, servidor web) e mantemento do mesmo por parte do ATIC
  5. (advertencia) Require a responsabilidade por parte do usuario de manter actualizado o seu espazo web
  6. Non se garante o aillamento entre aplicacións aloxadas no mesmo servidor:
    1. En principio unhas aplicacións non verán os datos das demáis, pero dado que o contorno de execución é común non se pode garantir por completo este aillamento: as versións de software (php, servidor web, base de datos) e o software en execución (intérprete de php, servidor web, servidor de bases de datos) serán os mesmos.
    2. Limitacións no software dispoñible.
    3. Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web (https://portal.webs.uvigo.es).
    4. (advertencia) Actualizacións automáticas do software: Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario.
  7. Non se darán servizos de hosting adicionais como
    1. Acceso por terminal ó servidor
    2. Mantemento ou corrección de erros en aplicacións
    3. Consultoría sobre aplicacións web

Características e limitacións do servizo

  1. Software dispoñible
    1. Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web https://portal.webs.uvigo.es
    2. Non se executarán linguaxes de programación distintas de PHP, en concreto non se executarán programas (CGI) no servidor
    3. Actualizacións do software:
      (advertencia) Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario.
  2. Espazo dispoñible
    • Webs persoais: 1GB
    • Webs másteres / programas / departamentos / grupos investigación: 5GB
    • Webs centros : 15GB
  3. Acceso
    1. Acceso para a modificación de arquivos mediante WebDAV / SFTP / FTP / FTPS
      Por motivos de seguridade o acceso FTP só se permite cifrado (FTPS no porto 990 TCP ou FTP con SSL), e recoméndase, por dar menos problemas, o acceso SFTP para subir arquivos.
    2. (info.) Non se dará acceso de terminal (SSH ou mediante Applet Java) directamente ó servidor
    3. Acceso local á base de datos. Non se dará acceso directo (só vía web mediante phpmyadmin en https://portal.webs.uvigo.es) ás bases de datos mySQL
  4. Nomes alternativos (hosts virtuais)
    1. Non se configurarán inicialmente nomes alternativos para o sitio, os usuarios poden solicitalos posteriormente.
    2. Non se habilitarán se entran en conflicto cou outros nomes ou servizos existentes na Universidade de Vigo ou se están reservados para o uso de centros ou servizos.
    3. Se se trata dun dominio non administrado polo ATIC da Universidade de Vigo este nome debe asociarse como un CNAME (alias) a: hosting.uvigo.es
    4. Isto non é suficiente para que o sitio se recoñeza no espazo web, compre que se solicite esta asociación entre o nome alternativo e o espazo web persoal de xeito explícito.
  5. Caducidade automática
    1. Para evitar a proliferación de espazos web abandonados cos problemas de seguridade asociados, os espazos web terán fixada unha caducidade inicial de 2 anos
    2. Pasado este tempo e se non hai unha renovación explícita do mesmo, a web deixará de ser publicada
    3. Pasados 6 meses dende esta retirada e se non hai ningunha petición para volvela a publicar borrarase definitivamente a web e as bases de datos asociadas
  6. Copia de seguridade
    1. Arquivos:
      1. Copia diaria dos datos, manterase ata 6 meses.
    2. Base de datos:
      1. Copia diaria completa dos datos (só se recuperarán copias completas da base de datos, non táboas ou datos soltos).
        As últimas 6 copias estarán a disposición dos usuarios na carpeta "backups", manteranse as demáis ata 6 meses.
  7. Rexistros de acceso
    1. Manteranse, durante todo o tempo que sexa preciso por esixencias legais, un rexistro dos accesos web á páxina do usuario
    2. A maiores, na carpeta log , pode descargar o propio usuario os rexistros de acceso de polo menos os últimos 30 días
    3. Xenéranse diariamente estatísticas de acceso (awstats), que se manteñen durante 1 ano
  8. Portal de acceso
    1. Poden, dende https://portal.webs.uvigo.es, e identificándose coas súas credenciais de usuario (usuario@uvigo.es ou DNIe, certificado), acceder a:
      1. Información actualizada do espazo web
      2. Características en detalle do contorno de execución dos espazos web
      3. Administración das bases de datos con phpmyadmin
      4. Acceso ás estatísticas de acceso ó espazo web (awstats)

Solicitudes e incidencias

  1. Activación inicial do espazo
    Pode solicitala dende aquí
  2. Ampliación do espazo en disco
    Pode solicitala dende aquí
    Condederase en función do espazo dispoñible para datos e copias de seguridade para os usuarios.
  3. Base de datos
    Pode solicitala dende aquí
    Crearase unha única base de datos por aloxamento co mesmo nome que o login (sen dominio) do usuario.
  4. Renovación (mantemento) do espazo
    En caso de que o espazo otorgado esté próximo a expirar, pode facerse dende aquí
  5. Recuperación de copias de seguridade
    Pode solicitar a recuperación de datos do seu espazo web dende aquí
  6. Acceso cun nome de sitio distinto (host virtual)
    Se se desexa acceder cun nome distinto ó sitio (www.midominio.es, midominio.uvigo.es, etc.).
    Pode solicitalo dende aquí

Normativa

Obrigas dos usuarios

Os usuarios comprométense a:

  • Ler a dirección de correo asociada ó espazo web, xa sexa directamente ou redirixíndoa a outra dirección de correo
    (info.) As notificacións remitidas polo ATIC só se enviarán a esta dirección de correo, isto inclúe:
    • Notificacións de expiración (caducidade) da conta
    • Notificacións de incidentes de seguridade
    • Avisos indicando actualización do contorno software
    • Avisos de interrupcións programadas do servizo
    • Notificacións de bloqueos ou cortes de servizo asociados a incidentes de seguridade no seu aloxamento web
  • Manter actualizado o seu espazo web, co fin de evitar incidentes de seguridade ocasionados pola existencia de software non actualizado.
  • Renovar periódicamente o espazo web, cando sexan avisados para elo polo ATIC

O usuario é o responsable único dos contidos publicados no seu espazo web.

Co uso do espazo web o usuario comprométese a aceptar estas condicións de uso.


  • Sin etiquetas