Nos espazos web, baixo o directorio cron , pódense deixar páxinas que se executarán de xeito periódico.
O que se executará periódicamente serán chanadas a páxinas web (un webcron ), non tarefas executadas a nivel de sistema operativo
Nestas carpetas pode deixar as páxinas ou páxinas en php que inclúan ou chamen a outras:
- cron/hourly: tarefas que se executan cada hora
- cron/daily: tarefas que se executan cada día
- cron/weekly: tarefas que se executan cada semana
- cron/monthly: tarefas que se executan cada mes
Pode deixar neses directorios:
- Unha páxina web
Unha páxina que chame a outra:
<?php fopen ( "http://usuario.webs.uvigo.es/components/com_applications/helpers/tbcron.php" ) ; ?>
Unha páxina que inclúa outra
<?php include "../../public/..../arquivo.php" ; ?>
A orde de execución será aquela na que se ven os arquivos no directorio, se hai varias páxinas nun deles é preferible poñerlles como prefixos números para forzar unha orde:
- cron/hourly/01-tarefa1.php
- cron/hourly/02-tarefa2.php
....