Administración de arquivos
Acceso FTP dende xestores de contidos
Algúns xestores de contidos (Joomla, Wordpress, etc.), para actualizar o propio software, para actualizacións, instalar ou borrar plugins, etc., precisan acceder por FTP ó propio servidor onde está a páxina web. Nestes casos os datos de conexión que se deben indicar son:
- Servidor FTP: localhost.uvigo.es
- Protocolo: FTP (é preferible neste caso, no que temos un acceso ó propio servidor, non empregar cifrado)
- Usuario: O mesmo que se empreg para actualizar o espazo web (usuario, ou usuario@uvigo.es)
Carpetas privadas
Moitas aplicacións precisan ter carpetas privadas para:
- Librerías
- Zonas de datos non publicados directamente (moodledata de Moodle)
- Zonas de datos privados
Para este fin o espazo web dispón da carpeta "private", que é a que debe empregarse para aloxar estes arquivos. A ruta de esta carpeta no servidor é:
/var/www/vhosts/usuario/private/