Administración de arquivos
Acceso FTP dende xestores de contidos
Algúns xestores de contidos (Joomla, Wordpress, etc.), para actualizar o propio software, para actualizacións, instalar ou borrar plugins, etc., precisan acceder por FTP ó propio servidor onde está a páxina web. Nestes casos os datos de conexión que se deben indicar son:
- Servidor FTP: localhost.uvigo.es
- Protocolo: FTP (é preferible neste caso, no que temos un acceso ó propio servidor, non empregar cifrado)
- Usuario: O mesmo que se empreg para actualizar o espazo web (usuario, ou usuario@uvigo.es)
- Raíz: /public (normalmente é suficiente indicar a ruta relativa dentro do espazo web)
Carpetas privadas
Moitas aplicacións precisan ter carpetas privadas para:
- Librerías
- Zonas de datos non publicados directamente (moodledata de Moodle)
- Zonas de datos privados
Para este fin o espazo web dispón da carpeta "private", que é a que debe empregarse para aloxar estes arquivos. A ruta de esta carpeta no servidor é:
/var/www/vhosts/usuario/private/
Recomendacións específicas para xestores de contidos
WordPress
Base do espazo (.htaccess)
A base do espazo web xa non está nun subdirectorio, polo que non é preciso o RewriteBase que se tiña nalgúns espazos ou compre indicalo como:
<IfModule mod_rewrite.c> RewriteEngine On RewriteBase / RewriteRule ^index\.php$ - [L] RewriteCond %{REQUEST_FILENAME} !-f RewriteCond %{REQUEST_FILENAME} !-d RewriteRule . /index.php [L] </IfModule>
Revise sempre tamén a configuración en wp-config.php, en particular:
[...] $base = '/'; define( 'DOMAIN_CURRENT_SITE', 'usuario.webs.uvigo.es' ); define( 'PATH_CURRENT_SITE', '/' ); [...]
Cambio do dominio (siteurl)
Se se cambia o dominio, é preciso indicar a Wordpress que se reconfigure para elo, o xeito máis sinxelo é:
No tema empregado (wp-content/themes/tema-que-sexa), no arquivo functions.php, incluir o seguinte código ó principio do arquivo:
functions.php<?php // Cambiar URL update_option('siteurl','http://usuario.webs.uvigo.es'); update_option('home','http://usuario.webs.uvigo.es'); ....
- Acceder ó sitio web
Este acceso tardará máis do habitual, porque está facendo modificacións na base de datos
En principio cun acceso ó sitio chegaría para que aplique o cambio, pero o mellor é navegar algo por él, ata estar seguros de que se aplica. - Borrar estas liñas (ou comentalas) en functions.php
Se quedan aplicadas reconfigurará esto en cada acceso, ralentizando enormemente o sitio.
Poden atopar máis información ó respecto nesta páxina.
Reiniciar contrasinal do administrador
No mesmo arquivo que o indicado anteriormente, no tema de WordPress:
No tema empregado (wp-content/themes/tema-que-sexa), no arquivo functions.php, incluir o seguinte código ó principio do arquivo:
functions.php<?php // Cambiar contrasinal do usuario wp_set_password('password-que-prefiras',1) ; ....
- Acceder ó sitio web
Este acceso tardará máis do habitual, porque está facendo modificacións na base de datos - Borrar estas liñas (ou comentalas) en functions.php
- Entrar como administrador
- URL: http://usuario.webs.uvigo.es/wp-admin
- Usuario: admin
- Password: A indicada no exemplo
Actualizacións FTP
O acceso FTP emprégase dende o propio Wordpress para actualizar a instalación do mesmo (parches de wordpress, temas, plugins, ...)
Compre indicar:
- Servidor: localhost.uvigo.es (ou 127.0.0.1)
- Usuario e contrasinal: os mesmos que empregue para acceder ó sitio por FTP/SFTP
Joomla
Por motivos de seguridade e estabilidade é moi importante que empregue as últimas versións estables de Joomla
Ubicación de directorios temporais
Indique mellor unha ubicación fora do espazo publicado (directorio "public"), xa ten definida unha ubicación para esto, indique en configuration.php (cambiando "usuario" polo seu usuario):
... public $tmp_path = '/var/www/vhosts/usuario/tmp'; ...
Joomla 1.x non funciona correctamente
A solución definitiva pasa por migrar Joomla a unha versión soportada.
Como parche temporal, para que Joomla 1.x funcione:
Reemplace en includes/Cache/Lite/Function.php, a chanada a func_get_args por este código:
// $arguments = func_get_args(); // inicio parche php 5.3+ $arguments = func_get_args(); $numargs = func_num_args(); for($i=1; $i < $numargs; $i++){ $arguments[$i] = &$arguments[$i]; } // fin parche php 5.3+
En includes/vcard.class.php, comprobar antes da función "quoted_printable_encode", se esta está definida
if (!function_exists('quoted_printable_encode')) { function quoted_printable_encode($input, $line_max = 76) { ... } }
Contao
Contao ten algúns requisitos específicos:
- Precisa que se reescriban todos os .html para que se reenvíen a index.php
- Compre eliminar as cabeceras HTTP seguintes: X-Forwarded-Server, X-Forwarded-Host
Contao as interpreta mal, este erro está documentado en: https://github.com/contao/core/issues/4615
De non seguir estas recomendacións Contao pode ter un comportamento impredecible (chega a borrar ou sobreescribir os datos da páxina web).
Fichero .htaccess modelo para Contao
RewriteEngine On RequestHeader unset X-Forwarded-Host RequestHeader unset X-Forwarded-Server RequestHeader unset Connection Header unset X-Forwarded-Host Header unset X-Forwarded-Server Header unset Connection ... # Se os arquivos estan en usuario.webs.uvigo.es/ruta/ en lugar de en usuario.webs.uvigo.es RewriteBase /ruta ... # Reescribe os .html a index.php RewriteRule .*\.html$ index.php [L]
PHPWCMS
En realidade esta é a configuración por defecto, pero en webs que veñen migradas do servidor antiguo, no que foi preciso que fixesen axustes para adaptarse á configuración do mesmo, é preciso indicar como valeiro (valor por defecto) a raíz (root) do sitio.
<? // database values $phpwcms["db_host"] = "localhost.uvigo.es:3306"; $phpwcms["db_user"] = "usuario"; $phpwcms["db_pass"] = "password-base-datos"; $phpwcms["db_table"] = "taboa"; $phpwcms["db_prepend"] = ""; $phpwcms["db_pers"] = 0; // site values $phpwcms["site"] = "http://usuario.webs.uvigo.es/"; $phpwcms["admin_email"] = "usuario@uvigo.es"; // paths $phpwcms["root"] = ""; //default: "" [...]
<? // database values $phpwcms["db_host"] = "localhost.uvigo.es:3306"; $phpwcms["db_user"] = "usuario"; $phpwcms["db_pass"] = "password-base-datos"; $phpwcms["db_table"] = "taboa"; $phpwcms["db_prepend"] = ""; $phpwcms["db_pers"] = 0; // site values $phpwcms["site"] = "http://usuario.webs.uvigo.es/"; $phpwcms["admin_email"] = "usuario@uvigo.es"; // paths $phpwcms["root"] = ""; //default: "" [...]