Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

 

Administración de arquivos

Acceso FTP dende xestores de contidos

Algúns xestores de contidos (Joomla, Wordpress, etc.), para actualizar o propio software, para actualizacións, instalar ou borrar plugins, etc., precisan acceder por FTP ó propio servidor onde está a páxina web. Nestes casos os datos de conexión que se deben indicar son:

  • Servidor FTP: localhost.uvigo.es
  • Protocolo: FTP (é preferible neste caso, no que temos un acceso ó propio servidor, non empregar cifrado)
  • Usuario: O mesmo que se empreg para actualizar o espazo web (usuario, ou usuario@uvigo.es)
  • Raíz: /public (normalmente é suficiente indicar a ruta relativa dentro do espazo web)

Carpetas privadas

(info.) Moitas aplicacións precisan ter carpetas privadas para:

  • Librerías
  • Zonas de datos non publicados directamente (moodledata de Moodle)
  • Zonas de datos privados

Para este fin o espazo web dispón da carpeta "private", que é a que debe empregarse para aloxar estes arquivos. A ruta de esta carpeta no servidor é: 

/var/www/vhosts/usuario/private/

Recomendacións específicas para xestores de contidos

WordPress

Base do espazo (.htaccess)

(info.) A base do espazo web xa non está nun subdirectorio, polo que non é preciso o RewriteBase que se tiña nalgúns espazos ou compre indicalo como:

.htaccess
<IfModule mod_rewrite.c>
RewriteEngine On
RewriteBase /
RewriteRule ^index\.php$ - [L]
RewriteCond %{REQUEST_FILENAME} !-f
RewriteCond %{REQUEST_FILENAME} !-d
RewriteRule . /index.php [L]
</IfModule>

Revise sempre tamén a configuración en wp-config.php, en particular:

[...]
$base = '/';
define( 'DOMAIN_CURRENT_SITE', 'usuario.webs.uvigo.es' );
define( 'PATH_CURRENT_SITE', '/' );
[...]


Cambio do dominio (siteurl)

Se se cambia o dominio, é preciso indicar a Wordpress que se reconfigure para elo, o xeito máis sinxelo é:

  • No tema empregado (wp-content/themes/tema-que-sexa), no arquivo functions.php, incluir o seguinte código ó principio do arquivo:

    functions.php
    <?php
    // Cambiar URL
    update_option('siteurl','http://usuario.webs.uvigo.es');
    update_option('home','http://usuario.webs.uvigo.es');
    ....
  • Acceder ó sitio web
    Este acceso tardará máis do habitual, porque está facendo modificacións na base de datos
    En principio cun acceso ó sitio chegaría para que aplique o cambio, pero o mellor é navegar algo por él, ata estar seguros de que se aplica.
  • Borrar estas liñas (ou comentalas) en functions.php
    Se quedan aplicadas reconfigurará esto en cada acceso, ralentizando enormemente o sitio.

Poden atopar máis información ó respecto nesta páxina.

Reiniciar contrasinal do administrador

No mesmo arquivo que o indicado anteriormente, no tema de WordPress:

  • No tema empregado (wp-content/themes/tema-que-sexa), no arquivo functions.php, incluir o seguinte código ó principio do arquivo:

    functions.php
    <?php
    // Cambiar contrasinal do usuario
    wp_set_password('password-que-prefiras',1) ;
    ....
  • Acceder ó sitio web
    Este acceso tardará máis do habitual, porque está facendo modificacións na base de datos
  • Borrar estas liñas (ou comentalas) en functions.php
  • Entrar como administrador
    • URL: http://usuario.webs.uvigo.es/wp-admin
    • Usuario: admin
    • Password: A indicada  no exemplo

Actualizacións FTP

O acceso FTP emprégase dende o propio Wordpress para actualizar a instalación do mesmo (parches de wordpress, temas, plugins, ...)

Compre indicar:

  • Servidor: localhost.uvigo.es (ou 127.0.0.1)
  • Usuario e contrasinal: os mesmos que empregue para acceder ó sitio por FTP/SFTP


Joomla

(advertencia) Por motivos de seguridade e estabilidade é moi importante que empregue as últimas versións estables de Joomla

Ubicación de directorios temporais

Indique mellor unha ubicación fora do espazo publicado (directorio "public"), xa ten definida unha ubicación para esto, indique en configuration.php (cambiando "usuario" polo seu usuario):

configuration.php
...
 public $tmp_path = '/var/www/vhosts/usuario/tmp';
...


Joomla 1.x non funciona correctamente

(info.) A solución definitiva pasa por migrar Joomla a unha versión soportada.

Como parche temporal, para que Joomla 1.x funcione:

  1. Reemplace en includes/Cache/Lite/Function.php, a chanada a func_get_args por este código:

    // $arguments = func_get_args();
    // inicio parche php 5.3+
    $arguments = func_get_args();
    $numargs = func_num_args();
    for($i=1; $i < $numargs; $i++){
      $arguments[$i] = &$arguments[$i];
    }
    // fin parche php 5.3+
  2. En includes/vcard.class.php, comprobar antes da función "quoted_printable_encode", se esta está definida

    if (!function_exists('quoted_printable_encode')) {
      function quoted_printable_encode($input, $line_max = 76) {
      ...
      }
    }

Contao

Contao ten algúns requisitos específicos:

  • Precisa que se reescriban todos os .html para que se reenvíen a index.php
  • Compre eliminar as cabeceras HTTP seguintes: X-Forwarded-Server, X-Forwarded-Host
    Contao as interpreta mal, este erro está documentado en: https://github.com/contao/core/issues/4615

(advertencia) De non seguir estas recomendacións Contao pode ter un comportamento impredecible (chega a borrar ou sobreescribir os datos da páxina web).

(info.) Fichero .htaccess modelo para Contao

.htaccess
RewriteEngine On
RequestHeader unset X-Forwarded-Host
RequestHeader unset X-Forwarded-Server
RequestHeader unset Connection
Header unset X-Forwarded-Host
Header unset X-Forwarded-Server
Header unset Connection
...
# Se os arquivos estan en usuario.webs.uvigo.es/ruta/ en lugar de en usuario.webs.uvigo.es
RewriteBase /ruta
...
# Reescribe os .html a index.php 
RewriteRule .*\.html$ index.php [L]


PHPWCMS

(info.) En realidade esta é a configuración por defecto, pero en webs que veñen migradas do servidor antiguo, no que foi preciso que fixesen axustes para adaptarse á configuración do mesmo, é preciso indicar como valeiro (valor por defecto) a raíz (root) do sitio.

include/inc_conf/config.inc.php
<?
// database values
$phpwcms["db_host"]           = "localhost.uvigo.es:3306";
$phpwcms["db_user"]           = "usuario";
$phpwcms["db_pass"]           = "password-base-datos";
$phpwcms["db_table"]          = "taboa";
$phpwcms["db_prepend"]        = "";
$phpwcms["db_pers"]           = 0;

// site values
$phpwcms["site"]              = "http://usuario.webs.uvigo.es/";
$phpwcms["admin_email"]       = "usuario@uvigo.es";

// paths
$phpwcms["root"]              = "";         //default: ""
[...]
include/inc_lib/config.inc.php
<?
// database values
$phpwcms["db_host"]           = "localhost.uvigo.es:3306";
$phpwcms["db_user"]           = "usuario";
$phpwcms["db_pass"]           = "password-base-datos";
$phpwcms["db_table"]          = "taboa";
$phpwcms["db_prepend"]        = "";
$phpwcms["db_pers"]           = 0;

// site values
$phpwcms["site"]              = "http://usuario.webs.uvigo.es/";
$phpwcms["admin_email"]       = "usuario@uvigo.es";

// paths
$phpwcms["root"]              = "";         //default: ""
[...]
  • Sin etiquetas