Page tree
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

You are viewing an old version of this page. View the current version.

Compare with Current View Page History

« Previous Version 9 Current »

Acceso remoto a publicacións do IEEE

Pódese acceder ás publicacións do IEEE dende fora da Universidade de Vigo autentificándose co usuario da Universidade de Vigo (usuario@uvigo.es, usuario@alumnos.uvigo.es), DNIe ou NIU.

Para accedera publicacións do IEEE dende fora do rango de direccións IPv4 da Universidade de Vigo este é o único mecanismo habilitado.

En accesos dende a rede wifi da Universidade de Vigo compre empregar este tipo de autentificación para ter acceso ás publicacións do IEEE.


Os pasos a seguir son os seguintes:

1.- Acceda a http://ieeexplore.ieee.org

2.- Aparecerá na parte superior, unha opción para usuarios de institucións con acceso a IEEE, seleccione "Institutional Sign In":

3.- Cando se abra a ventá seguinte, prema sobre o símbolo de "Shibboleth":

4.- Aparecerá un buscador das institucións con este acceso habilitado, pode buscalo alfabéticamente seleccionando a "u":

5.- Seleccione "Universidade de Vigo" na lista de institucións que aparecerán comezando pola letra elexida:

6.- A páxina reenviará ó servizo de autentificación da Universidade de Vigo, onde se poderá identificar mediante u usuario e contrasinal (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es), datos de acceso á Secretaría Virtual (NIU, DNI e clave) ou certificado da FNMT:

7.- Toda vez que a autentificación sexa feita satisfactoriamente, aparecerá co acceso permitido (como amosa a figura), e xa debería poder acceder ás publicacións do IEEE:

Se a identificación é correcta devolverá ó usuario, xa con permisos, a IEEE Xplore

8.- (info) Teña en conta que como medida de seguridade este login ten un tempo máximo (normalmente un día) e que, pasado este tempo, volverá a ser reenviado ó servidor de autentificación da Universidade de Vigo para que introduza as súas credenciais de usuario.

  • No labels