Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 12 Siguiente »

Destinatarios deste servizo

  • Alumnos con matrícula activa en titulacións oficiais da Universidade de Vigo
  • Persoal docente e investigador
  • Persoal de administración e servizos

Acceso

  • É preciso activar previamente o servizo e aceptar as condicións de uso como se indica no seguinte documento: "Dar de alta servizos de O365 para educación"
    • Compre aceptar as condicións de uso do servizo indicadas a continuación neste documento
    • A activación do servizo implica a aceptación das características, condicións e limitacións de uso recollidas neste documento
  • O acceso a O365 realízase a través de https://portal.office.com indicando a túa conta de correo da UVigo, rematada en @uvigo.gal
    • usuario@uvigo.gal: PDI, PAS, estudantes de doutoramento
    • usuario@alumnado.uvigo.gal: Alumnado con matrícula activa en titulacións oficiais
  • Logo diso redirixiráseche ó sistema de autenticación centraliazda de UVigo no que te poderás identificar dalgún dos xeitos habituais
    • Conta de corrreo (@uvigo.es / @alumnos.uvigo.es, de momento uvigo.gal non está configurado!)
    • Ou datos de acceso á Secretaría Online
    • Ou certificado dixital ou DNI electrónico
  • (info.) Só se pode acceder a este servizo con contas persoais, nunca de centros, departamentos, servizos administrativos, asociacións, etc.

Alta de contas e transferencia de datos a Microsoft

No momento en que accedas e aceptes as condicións de uso enviaremos a Microsoft os datos necesarios para prestar o servizo, e empregará apra crear unha conta en Office365.

  • A creación da conta pode tardar ata 30 minutos en facerse a partir do momento en que se aceptan as condicións de uso (info.)

Para prestar o servizo en Office365, envíanse ó provedor, Microsoft, os seguintes datos:

  • Dirección de correo principal do usuario no dominio @uvigo.gal ou @alumnado.uvigo.gal
  • Nome completo (nome e apelidos) do usuario


Aplicacións dispoñibles

Dase acceso, entre outros, ós seguintes servizos

  • Office Online
  • Forms (formularios)
  • Drive (disco virtual)
  • Sway, Stream, Flow (colaboración e vídeo)
  • Descarga de software de escritorio de Office
    Só para PAS, PDI e alunos de doutoramento: descarga de software de escritorio de Office (info.)

Borrado de contas

As ocntas en O365 están asociadas á vinculación que manteñas coa UVigo:

  • Que sexas PAS ou PDI
  • Que sexas aluno de doutoramento
  • Que esteas matriculado nunha titulación oficial

Ao desaparecer esta vinculación desactivaremos a túa conta e avisaremos a Microsoft de que eliminen a conta en O365

  • Unha vez dadas de baixa as contas pasarán ata 30 días antes de que estas sexan definitivamente eliminadas por Microsoft dos seus sistemas
  • En caso de erro, e se se avisa antes deste prazo, pódese recuperar a conta e datos

Copias de seguridade

(info.) Corre por conta do usuario ter copias de seguridade dos documentos aloxados neste servizo. A Universidade de Vigo non proporciona mecanismos de copia ou xestión de versións adicionais ós que poda proporcionar Microsoft para cada un dos servizos prestados.

Condicións de uso

Nos seguintes documentos recóllense as políticas de uso aceptable e de privacidade do servizo do provedor (Microsoft)





  • Sin etiquetas