Usuarios con acceso a este servizo
- Alumnos con matrícula activa na Universidade de Vigo
- Persoal docente e investigador
- Persoal de administración e servizos
Acceso
- E preciso activar o acceso en https://login.uvigo.es/portal/
- Compre aceptar as condicións de uso do servizo indicadas a continuación neste documento
- O acceso faise coa conta
- usuario@uvigo.gal: PDI, PAS, alumnos de doutoramento
- usuario@alumnado.uvigo.gal: Alumnos con matrícula activa
Servizos
Dase acceso ós seguintes servizos
- Office Online
- Forms (formularios)
- Drive (disco virtual)
- Sway, Stream, Flow (colaboración e vídeo)
- Sharepoint (sitios web)
- Descarga de software de Microsoft
- Office: instalado ata en 5 dispositivos por usuario
Alta de contas
- Creánse as contas a partir do momento en que o usuario active o servizo en https://login.uvigo.es/portal/ e acepte as condicións de uso
- Pode tardar ata 30 minutos en darse de alta o servizo en Office 365
Borrado de contas
- Unha vez dadas de baixa as contas pasarán ata 90 días antes de que estas sexan definitivamente eliminadas por Microsoft dos seus sistemas
- En caso de erro, e se se avisa antes deste prazo, pódese recuperar a conta e datos