Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 2 Siguiente »



O acceso web ó correo permite definir filtros para mover de xeito automático mensaxes a diferentes carpetas ou para borralos de xeito automático

Algúns filtros, como o de filtrado antiSPAM, veñen predefinidos, para simplificar o filtrado.

Hai que ter en conta, de todos xeitos, como funciona o filtrado anti SPAM que emprega a Universidade de Vigo (Lavadora de RedIRIS):

  • Os correos que incumplen regras de envío (rexistros SPF, cabeceras DKIM ou DMARC) rexeitanse
  • Os correos detectados con probabilidade moi alta de ser SPAM rexeitanse
    Salvo que se trate de remitentes en listas brancas da Universidade de Vigo, neste caso deixase pasar pero márcase como un probable SPAM
  • O correo con probabilidade de ser SPAM márcase como tal
    • No título engádese o prefixo "[Posible SPAM]"
    • Engádese a cabecera X-Spam-Level
      Esta contén o caracter "*" repetido varias veces en función do nivel de probabilidade de que sexa SPAM

(info.) Os filtros definidos no acceso web ó correo aplícanse ó buzón do usuario, independentemente de se le o correo dende correoweb ou dende un cliente convencional (Outlook, Thunderbird, etc.)


Activar o filtrado antiSPAM

Configuración do filtrado antiSPAM

No inicio, na pantalla que aparece ó entrar en https://correoweb.uvigo.es, índo ás  opcións de filtrado antiSPAM ("Filtros" → "Filtro de spam")

Ou indo a "Correo" → "Filtros" → "Filtro de spam"

Opcións de filtrado antiSPAM

  • Cabecera á que se move o SPAM
    Por defectos será "Correo lixo", non é necesario modificar esta opción.
    Ten que existir unha carpeta co nome "SPAM" (por defecto existirá), que será á que se movan as mensaxes cando cheguen ó buzón do usuario.

  • Nivel a partir do que se considera un correo SPAM
    Marca a sensibilidade do filtro (canto menor máis sensible), o mellor é deixar o valor que aparecerá por defecto (5)



  • Sin etiquetas