Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 2 Siguiente »

 

O acceso web ó correo permite definir filtros, direccións de reenvío do correo e mensaxes de resposta automática en caso de ausencia

Reenvío das mensaxes

Definir un reenvío das mensaxes a outra dirección de correo

Pódese, dende o acceso web ó correo, reenviar as mensaxes recibidas a unha ou varias direccións de correo.

  • Para esto, dende a páxina de inicio, unha vez dentro de correoweb, debe ir, no apartado "Filtros" a "Reenvío"
  • Indique 

    • A dirección ou direccións ás que reenviará o correo (unha por liña)
    • Se deixa unha copia no seu buzón de correo
  • Indique "Gardar e activar" para gardar a redirección e activala

Activar o reenvío das mensaxes

Dende a edición do reenvío indique "Gardar e activar"

Desactivar o reenvío das mensaxes

Dende a edición do reenvío indique "Gardar e desactivar"

 

Resposta automática (notificación de Ausencia)

Definir unha resposta automática

Pódese, dende o acceso web ó correo, establecer unha resposta automática ás súas mensaxes.

  • Para esto, dende a páxina de inicio, unha vez dentro de correoweb, debe ir, no apartado "Filtros" a "Aviso de ausencia"
  • Indique o período de ausencia, un texto e un asunto para a mensaxe a enviar como resposta
    A mensaxe debe estar redactada como texto sen formato, aínda que se poden empregar algunhas macros:
    • %STARTDATE% : Data de inicio da ausencia
    • %ENDDATE%: Data de fin da ausencia
    • %EMAIL%: Correo do usuario

    Unha vez definido pode indicar "Gardar e activar" se non estaba activado xa, ou simplemente "Gardar"
  • Hai unhas "Opcións avanzadas", nas que pode definir:
    • Se se responde a listas de correo ou mensaxes automáticas: (advertencia) deixe o valor por defecto (non responde a estas  mensaxes),  dado que pode dar lugar a queixas ou mensaxes innecesarias
    • Número de días entre respostas por ausencia: non se resposta a todas as mensaxes enviadas por un mesmo remitente, só se lle envía unha mensaxe de ausencia como resposta ós correos recibidos se non hai correos recibidos nos últimos días, por defecto o valor e "7", aínda que un máis baixo ("1") pode ser unha mellor opción

Activar resposta automática

Dende a edición da resposta automática indique "Gardar e activar"

 

Desactivar a resposta  automática

Dende a edición da resposta automática indique "Gardar e desactivar". En todo caso, se non se está no período de ausencia non se enviará esta notificación de ausencia.




 

 

 

 

  • Sin etiquetas