O acceso web ó correo permite definir filtros, direccións de reenvío do correo e mensaxes de resposta automática en caso de ausencia
Reenvío das mensaxes
Definir un reenvío das mensaxes a outra dirección de correo
Pódese, dende o acceso web ó correo, reenviar as mensaxes recibidas a unha ou varias direccións de correo.
- Para esto, dende a páxina de inicio, unha vez dentro de correoweb, debe ir, no apartado "Filtros" a "Reenvío"
- Indique
- A dirección ou direccións ás que reenviará o correo (unha por liña)
- Se deixa unha copia no seu buzón de correo
- A dirección ou direccións ás que reenviará o correo (unha por liña)
- Indique "Gardar e activar" para gardar a redirección e activala
Activar o reenvío das mensaxes
Dende a edición do reenvío indique "Gardar e activar"
Desactivar o reenvío das mensaxes
Dende a edición do reenvío indique "Gardar e desactivar"
Resposta automática (notificación de Ausencia)
Definir unha resposta automática
Pódese, dende o acceso web ó correo, establecer unha resposta automática ás súas mensaxes.
Este aviso de ausencia só funciona se a conta NON ten configurados reenvíos a outras contas. De ser así aplicarase o reenvío e non se enviarán as notificacións de ausencia. Esto ten como finalidade evitar que se envíen mensaxes de este tipo dende contas que non se empregan habitualmente, e forzar que se envíen os avisos de ausencia dende a conta que realmente se lee (aquela á que se reenvían as mensaxes).
Para confirurar a resposta automática:
- Para esto, dende a páxina de inicio, unha vez dentro de correoweb, debe ir, no apartado "Filtros" a "Aviso de ausencia"
- Indique o período de ausencia, un texto e un asunto para a mensaxe a enviar como resposta
A mensaxe debe estar redactada como texto sen formato, aínda que se poden empregar algunhas macros:- %STARTDATE% : Data de inicio da ausencia
- %ENDDATE%: Data de fin da ausencia
- %EMAIL%: Correo do usuario
Unha vez definido pode indicar "Gardar e activar" se non estaba activado xa, ou simplemente "Gardar" - Hai unhas "Opcións avanzadas", nas que pode definir:
- Se se responde a listas de correo ou mensaxes automáticas: deixe o valor por defecto (non responde a estas mensaxes), dado que pode dar lugar a queixas ou mensaxes innecesarias
- Número de días entre respostas por ausencia: non se resposta a todas as mensaxes enviadas por un mesmo remitente, só se lle envía unha mensaxe de ausencia como resposta ós correos recibidos se non hai correos recibidos nos últimos días, por defecto o valor e "7", aínda que un máis baixo ("1") pode ser unha mellor opción
Activar resposta automática
Dende a edición da resposta automática indique "Gardar e activar"
Desactivar a resposta automática
Dende a edición da resposta automática indique "Gardar e desactivar". En todo caso, se non se está no período de ausencia non se enviará esta notificación de ausencia.