Page tree
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Configuración do directorio LDAP da Universidade de Vigo en Thunderbird

A libreta de direccións de Thunderbird permite empregar o directorio de direccións de correo da Universidade de Vigo de xeito que poidamos buscar direccións que non coñezamos de xeito manual ou automatizado ó redactar as mensaxes. As búsquedas poden facerse por nome, apelidos, descrición ou conta de correo.

(warning) Non aparecerán nestas búsquedas todas as contas de correo, só aquelas para as que o usuario non indicase que a conta non pode ser visible no directorio. Por defecto e se o usuario non indica nada, os datos básicos (nome, apelidos, ubicación, dirección de correo) son visibles para usuarios autentificados ou ubicados na rede de datos da Universidade de Vigo.

Definir un directorio LDAP a usar en Thunderbird

 

  1. Obter as credenciais de conexión o directorio LDAP
    (warning) Dado que estes datos permiten o acceso a listados de direccións de correo da Universidade de Vigo non podemos publicar estas credenciais de xeito aberto. Por outra banda, para evitar malos usos cada usuario ten unhas credenciais que pode empregar para autentificarse, e que pode consultar na páxina de modificación e activación de contas en https://login.uvigo.es/portal/
    O usuario para conectarse é da forma "idnc=.....,ou=Usuarios,dc=uvigo,dc=es", sendo o contrasinal empregado o mesmo que emprega para ler o correo, polo que é importante que empregue un acceso cifrado ó directorio (porto 636 TCP, SSL)




  2. A configuración das libretas de direccións faise no apartado "Direcciones" de Thunderbird:

  3. Aparecerá a xestión de libretas de direccións, que se fai nunha fiestra separada:
  4. Seleccionar "Archivo -> Nuevo -> DirectoAparecerá un cadro no que nos pedirá os datos de conexión ó directorio LDAP
  5. Por defecto e para evitar retardos no acceso á libreta de direccións, esta devolve como moito 100 resultados para unha búsqueda, pódese modificar este límites nas opcións "Avanzadas", pero é preferible empregar búsquedas máis axeitadas en non poñer un límite grande, para que a axilidade no funcionamento do cliente de correo sexa a esperada
  6. O directorio LDAP xa definido aparecerá entre as libretas de direccións de Thunderbird
    Para usalo compre que no cadro da parte superior esquerda indiquemos unha cadea a buscar (dirección de correo, nome, descrición).

    Esa primeira vez pediranos un contrasinal, que será o que corresponde ás credenciales de conexión ó LDAP e preguntará se queremos recordar este contrasinal, indicar que sí:
  7. O que amosará despóis dunha búsqueda será similar a isto:

Configurar a redacción de mensaxes para que busque as direccións no directorio LDAP

Algo que pode resultar útil é configurar Thunderbird para que busque as direccións de correo automáticamente no directorio LDAP, de xeito que cando redactemos unha mensaxe e comencemos a introduccir unha nova dirección que non esté presente na nosa libreta de direccións o cliente de correo busque posibles destinatarios no directorio LDAP.

Para configurar isto:

  1. Na configuración xeral de Thunderbird (barra superior) ir a "Herramientas -> Opciones"
  2. No cadro que se abre, ir a  "Redacción" e dentro de esta, seleccionar a pestaña "Destinatario":
    Seleccionar en "Al enviar mensajes, buscar entradas coincidentes en:", a opción "Servidor de directorio:" e dentro do desplegable seleccionar o servidor definido anteriormente.
  3. Agora, cando redactemos unha mensaxe, Thunderbird buscará automáticamente as direccións que non coñeza no directorio LDAP cando comencemos a introducilas:

 

 

 

 

 

  • No labels