Primeiramente crearemos o noso perfil, isto é, o nome co que apareceremos como remitente nos correos que enviemos. Para isto, iremos a e elexiremos Opciones > Globales.
Premeremos agora en Información personal.
Deberemos definir a Identidad por omision, para o que primeiramente haberá que creala.
Na pestana desplegable Seleccione la identidad que quiere cambiar, eleximos Crear identidad. A continuación iremos enchendo os diferentes campos inferiores, definindo un nome para a identidade (nome do perfil), o nome que aparecerá como presentación dos nosos envíos (nome e apelidos, ou ben cargo ou sociedade vinculada), e a conta asociada coa que estamos a traballar (a nosa).
Unha vez teñamos definidos os nosos campos, premeremos en Guardar. O sistema amosaranos unhas ventás de información na parte inferior dereita, e nos avisará de que temos que ir á Bandexa de Entrada para verificar un correo que nos remite. É importante suliñar que na parte superior deberá aparecer agora como Identidad por omisión, a que acabamos de definir como noso perfil.
Observamos na Bandexa de Entrada que temos un novo correo avisando de que debemos confirmar datos. O teremos que abrir e premeremos no enlace que alí se nos indique.
O enlace de confirmación, lévanos á pantalla de Información Personal Global, e na parte inferior dereita nos aparecerá un aviso no caso de que a confirmación fose feita correctamente.
Agora que xa temos configurado o noso perfil, imos crear a nosa FIRMA. A Firma aparecerá na parte inferior esquerda dos nosos correos enviados, baixo os textos que editemos.
Para isto, iremos a e elexiremos Opciones > Correo.
Unha vez aquí, elexiremos a opción en General, de Información personal.
Deberemos ter elexido o nome do noso perfil no campo Identidad por omisión, así como no campo Seleccione la identidad que quiere cambiar. Na parte inferior aparece o campo Firma. É aquí onde escribiremos exactamente os datos que queiramos que aparezan ao final dos nosos correos a enviar como firma persoal.
Recoméndase deixar marcado o campo ¿Encabezar la firma con guiones (“--“)? como separador da firma.
Seguidamente premeremos en Guardar para validar as nosas definicións e, se todo é correcto, unhas ventás na parte inferior dereita corroborarán as accións realizadas.
Se probamos agora a redactar unha nova mensaxe de correo, poderemos observar como no campo “De:” do remitente, xa aparece o nome que definimos no noso perfil. Sen embargo, non visualizaremos a firma definida, xa que só se incorporará ao correo no momento en que premamos a opción de Enviar.
Se miramos agora nunha conta de correo allea á que remitimos o noso correo, poderemos observar que tanto os datos do perfil coma os da firma, son recepcionados correctamente: