Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Destinatarios deste servizo

  • Alumnos con matrícula activa en titulacións oficiais da Universidade de Vigo
  • Persoal docente e investigador (PDI)
  • Persoal de administración e servizos (PAS)

Acceso

  • É preciso activar previamente o servizo e aceptar as condicións de uso como se indica no seguinte documento: "Dar de alta servizos de O365 para educación"
    • Compre aceptar as condicións de uso do servizo indicadas a continuación neste documento.
    • A activación do servizo implica a aceptación das características, condicións e limitacións de uso recollidas neste documento.
  • O acceso a O365 realízase a través de https://portal.office.com indicando a nosa conta de correo da UVigo rematada en @uvigo.gal
    • usuario@uvigo.gal: PDI, PAS, estudantes de doutoramento
    • usuario@alumnado.uvigo.gal: Alumnado con matrícula activa en titulacións oficiais
  • Logo diso redirixiráselle ao sistema de autenticación centraliazda de UVigo no que te poderá identificarse dalgún dos xeitos habituais
    • Conta de corrreo (@uvigo.es / @alumnos.uvigo.es, de momento uvigo.gal non está configurado!)
    • Ou datos de acceso á Secretaría Online
    • Ou Certificado Dixital, ou DNI Electrónico
  • (info.) Só se pode acceder a este servizo con contas persoais, nunca de centros, departamentos, servizos administrativos, asociacións, etc.

Alta de contas e transferencia de datos a Microsoft

No momento en que acceda e acepte as condicións de uso remitirá a Microsoft os datos necesarios para prestar o servizo, e para crear unha conta en Office365.

  • A creación da conta poderá tardar ata 30 minutos en facerse a partir do momento en que se aceptan as condicións de uso (info.)

Para prestar o servizo en Office365, envíanse ao provedor, Microsoft, os seguintes datos:

  • Enderezo de correo principal do usuario no dominio @uvigo.gal ou @alumnado.uvigo.gal
  • Nome e apelidos do usuario


Aplicacións dispoñibles

Darase acceso, entre outros, aos seguintes servizos

  • Office Online
  • Forms (formularios)
  • Drive (disco virtual)
  • Sway, Stream, Flow (colaboración e vídeo)
  • Descarga de software de escritorio de Office
    Só para PAS, PDI e alumnado de doutoramento: Descarga de software de escritorio de Office (info.)

Borrado de contas

As contas en O365 están asociadas á vinculación que manteña coa UVigo:

  • Que sexa PAS ou PDI
  • Que sexa alumnado de doutoramento
  • Que estea matriculado nunha titulación oficial

Ao desaparecer esta vinculación, desactivaremos a súa conta e avisaremos a Microsoft de que eliminen a conta en O365

  • Unha vez dadas de baixa as contas pasarán ata 30 días antes de que sexan definitivamente eliminadas por Microsoft dos seus sistemas
  • En caso de erro, e se se avisa antes deste prazo, poderán recuperarse a conta e os datos

Copias de seguridade

(info.) Corre por conta do usuario ter copias de seguridade dos documentos aloxados neste servizo.

A Universidade de Vigo non proporciona mecanismos de copia ou xestión de versións adicionais ás que poida proporcionar Microsoft para cada un dos servizos prestados.

Condicións de uso

Nos seguintes documentos recóllense as políticas de uso aceptable e de privacidade do servizo do provedor (Microsoft)





  • Sin etiquetas