Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Destinatarios deste servizo

  • Persoal docente e investigador
  • Persoal de administración e servizos

Acceso

  • É preciso activar previamente o servizo e aceptar as condicións de uso como se indica no seguinte documento: "Dar de alta servizos de O365 para educación"
    • Compre aceptar as condicións de uso do servizo indicadas a continuación neste documento
    • A activación do servizo implica a aceptación das características, condicións e limitacións de uso recollidas neste documento
  • O acceso a Adobe realízase a través de https://www.adobe.com/es/ 
  • Debe ir, na parte superior esquerda, á "Iniciar Sesión" 
  • Indicar, na páxina de Inicio de sesión o seu usuario do tipo usuario@uvigo.gal
  • Logo diso redirixiráseche ó sistema de autenticación centraliazda de UVigo no que te poderás identificar dalgún dos xeitos habituais
    • Conta de corrreo (@uvigo.es, de momento uvigo.gal non está configurado!)
    • Ou datos de acceso á Secretaría Online
    • Ou certificado dixital ou DNI electrónico
  • (info.) Só se pode acceder a este servizo con contas persoais e verificadas na secretaría virtual, non de centros, departamentos, servizos administrativos, asociacións, etc.

Alta de contas e transferencia de datos a Adobe

No momento en que accedas e aceptes as condicións de uso enviaremos a Adobe os datos necesarios para prestar o servizo, e empregará para crear unha conta.

  • A creación da conta pode tardar ata 20 minutos en facerse a partir do momento en que se aceptan as condicións de uso (info.)

Para prestar o servizo en Adobe, envíanse ó provedor os seguintes datos:

  • Dirección de correo principal do usuario no dominio @uvigo.gal
  • Nome e apelidos do usuario


Aplicacións dispoñibles

Dase de alta ás licenzas contratadas ó provedor Adobe para a comunidade universitaria, nestes momentos

  • Adobe Pro DC

Borrado de contas

As contas en Adobe están asociadas á vinculación que manteñas coa UVigo:

  • Que sexas PDI ou PAS

Ao desaparecer esta vinculación desactivaremos a túa conta e elimínase a conta en Adobe.




  • Sin etiquetas