Destinatarios deste servizo
- Persoal docente e investigador (PDI propio, non se inclúe PDI externo)
- Persoal de administración e servizos (PAS propio, non se inclúe PAS externo)
Acceso
- É preciso activar previamente o servizo e aceptar as condicións de uso como se indica no seguinte documento: "Dar de alta servizos de O365 para educación"
- Compre aceptar as condicións de uso do servizo indicadas a continuación neste documento
- A activación do servizo implica a aceptación das características, condicións e limitacións de uso recollidas neste documento
- O acceso a Adobe realízase a través de https://www.adobe.com/es/
- Debe ir, na parte superior esquerda, á "Iniciar Sesión"
- Indicar, na páxina de Inicio de sesión o seu usuario do tipo usuario@uvigo.gal
- Logo diso redirixiráseche ó sistema de autenticación centraliazda de UVigo no que te poderás identificar dalgún dos xeitos habituais
- Conta de corrreo (@uvigo.es, de momento uvigo.gal non está configurado!)
- Ou datos de acceso á Secretaría Online
- Ou certificado dixital ou DNI electrónico
- Só se pode acceder a este servizo con contas persoais e verificadas na secretaría virtual, non de centros, departamentos, servizos administrativos, asociacións, etc.
Alta de contas e transferencia de datos a Adobe
No momento en que accedas e aceptes as condicións de uso enviaremos a Adobe os datos necesarios para prestar o servizo, e empregará para crear unha conta.
- A creación da conta pode tardar ata 20 minutos en facerse a partir do momento en que se aceptan as condicións de uso
Para prestar o servizo en Adobe, envíanse ó provedor os seguintes datos:
- Dirección de correo principal do usuario no dominio @uvigo.gal
- Nome e apelidos do usuario
Aplicacións dispoñibles
Dase de alta ás licenzas contratadas ó provedor Adobe para a comunidade universitaria, nestes momentos
- Adobe Pro
Borrado de contas
As contas en Adobe están asociadas á vinculación que manteñas coa UVigo:
- Que sexas PDI ou PAS
Ao desaparecer esta vinculación desactivaremos a túa conta e elimínase a conta en Adobe.