Acceso remoto a publicacións do IEEE
Pódese acceder ás publicacións do IEEE dende fora da Universidade de Vigo autentificándose co usuario da Universidade de Vigo (usuario@uvigo.es, usuario@alumnos.uvigo.es), DNIe ou NIU.
Para accedera publicacións do IEEE dende fora do rango de direccións IPv4 da Universidade de Vigo este é o único mecanismo habilitado.
En accesos dende a rede wifi da Universidade de Vigo compre empregar este tipo de autentificación para ter acceso ás publicacións do IEEE.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1.- Acceda a http://ieeexplore.ieee.org
2.- Aparecerá na parte superior, unha opción para usuarios de institucións con acceso a IEEE, seleccione "Institutional Sign In":
3.- Cando se abra a ventá seguinte, prema sobre o símbolo de "Shibboleth":
4.- Aparecerá un buscador das institucións con este acceso habilitado, pode buscalo alfabéticamente seleccionando a "u":
5.- Seleccione "Universidade de Vigo" na lista de institucións que aparecerán comezando pola letra elexida:
6.- A páxina reenviará ó servizo de autentificación da Universidade de Vigo, onde se poderá identificar mediante u usuario e contrasinal (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es), datos de acceso á Secretaría Virtual (NIU, DNI e clave) ou certificado da FNMT:
7.- Toda vez que a autentificación sexa feita satisfactoriamente, aparecerá co acceso permitido (como amosa a figura), e xa debería poder acceder ás publicacións do IEEE:
8.- Teña en conta que como medida de seguridade este login ten un tempo máximo (normalmente un día) e que, pasado este tempo, volverá a ser reenviado ó servidor de autentificación da Univ
Acceso remoto a SABI
Pódese acceder ás publicacións do IEEE dende fora da Universidade de Vigo autentificándose co usuario da Universidade de Vigo (usuario@uvigo.es, usuario@alumnos.uvigo.es), DNIe ou NIU.
Os pasos a seguir son os seguintes:
- Acceda a SABI dende o listado de recursos da Biblioteca (http://www.biblioteca.uvigo.es, en "Recursos-e")
Ou directamente en: http://www.bugalicia.org/recursos/informa/sabi/ - Se é a primeira vez que accede pediralle que indique a institución á que pertence (Universidade de Vigo)
- A páxina o reenviará ó servizo de autentificación da Universidade de Vigo, onde se pode identificar por usuario e contrasinal (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es), datos de acceso á Secretaría Virtual (NIU, DNI e clave) ou certificado da FNMT
- Se a autentificación é correcta reenviaráselle de novo a SABI, onde poderá continuar navegando
Acceso remoto a ACS
En pubs.acs.org pode autenticarse como usuario da Universidade de Vigo para acceder ás publicacións de ACS que esta ten subscritas
- Na parte superior esquerda, ir a "Log In"
- Seleccionar "Log In Via Your Home Instititution"
- Seleccionar
- Como rexión xeográfica "Spain: Instituciones académicas (RedIRIS: SIR)"
- Como institución: "Universidade de Vigo"
- Accederase a autentificación de UVIGO
- Unha vez autentificado poderá seguir navegando e descargando documentos
Acceso remoto a Scopus / Elsevier
- Acceder a Scopus
https://www.scopus.com/search/form.uri?display=basic - Na parte superior dereita ir a "Sign In"
- Seleccionar sign in via your institution
- Buscar a Universidade de Vigo
- Indique os seus datos de identificación (usuario e chave, certificado, NIU, ...)
- Pedirá uns datos para personalizar o acceso: correo, nome e apelidos
Se se prefire non dalos pódese seguir con Continue without personalization - A partir de agora a navegación continuará asociada ó seu usuario personal de uvigo (do tipo usuario@uvigo.gal)