Esta é a aplicación de O365 que permite aos usuarios crear:
- Formularios
- Enquisas
O xeito de crealas é doado:
- En O365 (https://portal.office.com)
- Ir a "Forms"
- Definir un novo formulario.
- Engadir as preguntas que se considere precisas.
- Estas poderán ser, ou non, obrigatorias.
- No apartado da parte superior dereita, en "Configuración", indicar se calquera pode responder (resposta aberta) ou só usuarios en O365 da Universidade de Vigo.
- Se se escolle que sexa aberta deberá terse en conta que convén retirar a enquisa/formulario cando deixe de ser útil, xa que podería ser empregada para o envío de SPAM.
- Se se aceptan respostas (por defecto sí cando se crea), pódese indicar un período de aceptación.
- Pode elexirse se queremos recibir un aviso por correo cando alguén resposte ao formulario.
- Tamén pode elexirse se desexamos avisar aos usuarios que cumplimentan a enquisa por correo, cunha confirmación de recepción.
- Por último en "Compartir" pode xerarse o enlace para compartir este formulario.
- As respostas dos usuarios recibiranse por correo, se se indica que queren recibirse deste xeito no apartado "Configuración".
- Finalmente, na opción "Respuestas", aparecerán os resultados da enquisa