Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 12 Siguiente »

Manual do usuario das listas de correo

¿Como se teñen que usar as listas de correo?

As listas de correo están suxeitas a unha serie de normas de uso, normas que é preciso seguir co fin de garantir o correcto funcionamento do servicio.
Estas son as seguintes:

  • Cada unha das listas de distribución de correo foi creada cun propósito determinado. Non se debe enviar a unha lista mensaxes que non respondan ao propósito da mesma. En caso de que isto ocurra reiteradamente, o administrador da lista poderá tomar medidas pertinentes, tal como a eliminación do remitente nesa lista de correo.
  • Non é admisible o envío de mensaxes ofensivas ou que poidan chocar frontalmente coas indicacións dadas no documento sobre “Normas de uso do correo electrónico” (que poden atoparse no apartado de normativas do ATIC).
  • Non se admite o envío de mensaxes persoais ás listas de correo.
  • Se por algún motivo (que o servidor non estivese dispoñible; que a conta do usuario/a no servidor fora bloqueada ou borrada; que se excederá do espacio asignado no disco; por poñer algúns exemplos...) os correos a un usuario/a dunha lista de correo son devoltos en repetidas ocasións, enviaráselle un correo de aviso ao usuario/a e procederase a borrar esa conta da lista de correo.
  • O tamaño máximo das mensaxes para enviar ás listas, agás que se indique o contrario expresamente, é de 50Kb. Este tamaño non deberá ser excedido nos envíos ás listas.
  • É recomendable remitir as mensaxes ás listas en "texto plano", procurando evitar envíos de mensaxes con formato HTML, especialmente no caso de que conteñan elementos gráficos.
  • Recoméndase que se procure non enviar correos con ficheiros adxuntos ás listas de correo da Universidade de Vigo. Se se desexa facer chegar un arquivo ós membros dunha lista de correo é preferible que sitúe este arquivo nun lugar accesible (nunha páxina web, por exemplo) e envíe á lista de correo as indicacións necesarias para acceder a este arquivo (a dirección da páxina web).
  • Recoméndase que, de respostar a un correo enviado a unha lista de correo, non se faga ao enderezo da lista salvo que se considere que a resposta é de interés para tódolos usuarios da lista. Os correos enviados a listas orixinan gran cantidade de mensaxes (poden ser miles), polo que só ten sentido o seu envío cando poidan ser de utilidade para os destinatarios.
  • Asimesmo, as mensaxes remitidas ás listas de correo poderán ser obxeto de retención por mala praxis cando:
    1. Remisión a varias listas de distribución de correo na mesma mensaxe (xa que o sistema pode entender que se trata de envío de correo lixo ou spam).
    2. Remisión a unha lista e a outros destinatarios na mesma mensaxe (xa que o sistema pode entender que está a facerse unha violación da privacidade). 

¿Que listas de correo existen?

Co entorno do servidor de listas pódese ver cáles son as listas de correo das que se dispoñen na Universidade de Vigo. Para consultar os listados de distribución dispoñibles ten que ir a dirección
http://listas.uvigo.es.

(info.) Neste listado aparecen soamente as listas de correo que están declaradas como públicas. Se quere acceder a unha lista privada terá que buscala directamente. Exemplo: https://listas.uvigo.es/mailman/listinfo/nome_lista

Como acceder ás listas de correo

Hai varios xeitos de acceder ás listas de correo:

Xestión das listas de correo: Interfaz web

Ver ou modificar as características das listas ás que xa se está subscrito (con usuario da universidade)

Se o usuario ten unha conta válida de usuario (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e é con esta coa que está subscrito ás listas, pode consultar estas subscripcións dende o propio interfaz web http://listas.uvigo.es:

  1. Acceda a http://listas.uvigo.es, e prema no enlace que indica "Se vostede dispón dunha conta de correo no dominio @uvigo.es ou @alumnos.uvigo.es pode acceder ás súas subscripcións premendo aquí
  2. Pediráselle que se autentifique e, se a autentificación (con usuario e contrasinal, DNIe ou NIU)
  3. é correcta, amosaráselle unha páxina dende a que poderá:
    1. Consultar as listas ás que está subscrito
    2. Modificar as opcións de subscripción
    3. Consultar os arquivos das listas ás que está subscrito

    (advertencia) Se ten máis tanto conta de usuario @uvigo.es como conta de usuario @alumnos.uvigo.es poderán aparecer nesta páxina as opcións de subscripción de ambas. En caso de que non sexa así e teña máis dunha conta de usuario compre que peche o navegador e se autentifique de novo coa conta para a que quere modificar as opcións de subscripción.

Examinar as características dunha lista de correo

O acceso web ás características da lista de correo tense dende http://listas.uvigo.es.

Por exemplo, para a lista inforede@listas.uvigo.es, poderíamos, dende http://listas.uvigo.es (ou indo directamente a http://listas.uvigo.es/mailman/listinfo/inforede):

Cando se selecciona unha lista amósase a páxina ca súa descrición. Nesta páxina será na que terá que identificarse, ben para solicitar a subscrición na lista ou ben para acceder a súa configuración persoal para esa lista. A continuación detállanse as seccións de esta páxina usando como exemplo a lista inforede:

  • Sobre inforede:
    Nesta sección pode escoller o idioma co que mostrar a páxina seleccionándoo da lista.
    Tamén amosa un enlace para acceder o arquivo desa lista. Nese arquivo poderá ver un histórico das mensaxes enviadas a esa lista.

  • Como usar la lista inforede
    Únicamente indica a dirección de correo á que se teñen que enviar as mensaxes para que cheguen as persoas suscritas a lista.

Subscribirse a una lista de correo

Na páxina de información do listado (á que pode ir dende http://listas.uvigo.es ou directamente en http://listas.uvigo.es/mailman/listinfo/nome-da-lista), seleccione a opción de "Subscribirse a...". Por exemplo, para inforede@listas.uvigo.es:

  1. Pulse no nome da lista en http://listas.uvigo.es

  2. No apartado "Subscribirse a inforede" indique a información necesaria:
    1. Enderezo de correo electrónico que se suscribe
    2. Nome (é opcional)
    3. Contrasinal para o acceso posterior ás características da lista. Non é preciso indicalo, se non se indica crearase un alatorio
    4. Idioma preferido para a posterior consulta de estas opcións de suscrición
    5. Desexa recibir as mensaxes de cada día agrupadas nunha soa (digest)?: Se se indica que sí as mensaxes agruparanse e enviaranse á súa conta de correo cunha periodicidade determinada (normalmente diaria) ou cando o número de mensaxes alcanza un límite determinado. Úsase para recibir menos correosNesta sección poderá subscribirse a lista no caso de non estar subscrito previamente.
      Ten que indicar a súa dirección de correo, e opcionalmente, un nome descritivo para amosar. Tamén poderá meter unha contrasinal ca que acceder a súa configuración de esa lista (no caso de non indicar contrasinal seralle enviada ó seu correo unha xerada de forma automática).
      Por último poderá escoller se quere recibir as mensaxes de esa lista de forma individual ou agrupadas nunha mensaxe (digest) que se envía cada día. O recomendable é que se deixe a opción por defecto ("Non").
  3. Envíe o formulario ("Suscribir")

Consultar o listado de suscritores

  1. Pulse no nome da lista en http://listas.uvigo.es

  2. Accederá á páxina de información do listado. Nela indique a súa dirección de correo e contrasinal de acceso á lista e prema en "Visitar o listado de suscritores". Se non lembra o contrasinal de acceso á lista pode recuperala, vexa a sección "Recordatorio de contrasinal" para elo.

 

Anular a suscrición a unha lista (desuscribir)

  1. Pulse no nome da lista en http://listas.uvigo.es

  2. Accederá á páxina de información do listado. Nela Indique a súa dirección de correo electrónico e pulse en  "Anular a súa suscrición ou editar as súas preferencias":

  3. Accederá a unha páxina na que deberá premer na opción "Desuscribir" para darse de baixa. Dependendo das características da lista poderá pedírselle confirmación da baixa por correo electrónico ou esta podería ter que pasar pola aprobación dun moderador.

Recordatorio de contrasinal

Se esqueceu o seu contrasinal de acceso pode recibir este no correo electrónico co que está suscrito á lista.

  1. Pulse no nome da lista en http://listas.uvigo.es

  2. Accederá á páxina de información do listado. Nela Indique a súa dirección de correo electrónico e pulse en  "Anular a súa suscrición ou editar as súas preferencias":

  3. Na páxina que aparece prema en "Recordatorio de contrasinal"
    Recibirá un correo electrónico indicando cal é o seu contrasinal para o acceso á páxina para a modificación das súas preferencias de suscrición-

Editar as opcións de suscrición a unha lista

e esqueceu o seu contrasinal de acceso pode recibir este no correo electrónico co que está suscrito á lista.

  1. Pulse no nome da lista en http://listas.uvigo.es

  2. Accederá á páxina de información do listado. Nela Indique a súa dirección de correo electrónico e pulse en  "Anular a súa suscrición ou editar as súas preferencias":

  3. Na páxina que aparece indique o seu contrasinal de acceso á lista e prema en "Entrar". Se non lembra este contrasinal na sección "Recordatorio de contrasinal" indícase como pedir o envío dun recordatorio por correo electrónico.
    Recibirá un correo electrónico indicando cal é o seu contrasinal para o acceso á páxina para a modificación das súas preferencias de suscrición-
  4. Accederá á páxina na que pode editar ás súas preferencias de suscrición
    Na primeira parte da páxina poderá modificar as opcións xerais (nome asociado á conta de correo, conta de correo coa que está suscrito, contrasinal de acceso):
  5. Baixando nesta mesma páxina pode modificar todas as demáis opcións de suscrición (agrupamento de mensaxes, idioma preferido, ocultar a súa dirección nos listados de membros, etc.):

Xestión das listas de correo por correo electrónico

O xestor de listas de correo tamén ofrece ós usuarios unha interface por medio do correo para modificar as súas preferencias. Isto quere dicir que vostede pode configurar as súas listas enviando mensaxes de correo electrónico ó servidor de listas. Existen un conxunto de direccións de correo especiais nas que realizar estas tarefas.

(info.) Para ilustrar o proceso con exemplos utilizaremos a lista “inforede”, pero para realizar as accións sobre calquera outra lista chega con cambiar a palabra inforede polo nome da lista desexada. A continuación descríbense as accións máis habituais:

  • Subscribirse nunha lista de correo
  • Darse de baixa (desuscribirse) dunha lista de correo
  • Consultar os suscritores da lista

Subscribirse a unha lista

Ten que enviar desde un cliente de correo no que ten configurada a súa dirección como remitente unha mensaxe á dirección: <nome-lista>-join@listas.uvigo.es
O asunto e o contido da mensaxe non importan, podéndoos deixar vacios. A continuación recibirá unha mensaxe na súa dirección de correo ca que poderá confirmar a súa subscrición na lista.
Exemplo: inforede-join@listas.uvigo.es.

Desubscribirse de unha lista

Ten que enviar desde un cliente de correo no que ten configurada a súa dirección como remitente unha mensaxe á dirección: <nome-lista>-leave@listas.uvigo.es
O asunto e o contido da mensaxe non importan, podéndoos deixar vacios. A continuación recibirá unha mensaxe na súa dirección de correo ca que poderá confirmar a súa baixa na lista.
Exemplo: inforede-leave@listas.uvigo.es.

Obter o listado de direccións subscritas nunha lista

Ten que enviar desde un cliente de correo no que ten configurada a súa dirección como remitente unha mensaxe á dirección: <nome-lista>-request@listas.uvigo.es
No contido do mensaxe deberá engadir a palabra who, deixar un espacio e engadir a continuación o seu contrasinal para esta lista. A continuación recibirá unha mensaxe co listado das direccións públicas dos
subscritos na lista se esta está dispoñible ós seus membros.
Exemplo:

To: inforede-request@listas.uvigo.es
Asunto: (non importa o contido)
Mensaxe:
who xxxxxx

(info.) Se o seu programa de correo engade ó final de cada mensaxe unha firma terá que incluir na mensaxe unha nova liña ca palabra end, co fin de non confundir ó interprete do xestor de listas.

Exemplo:

To: inforede-request@listas.uvigo.es
Asunto: (non importa o contido)
Mensaxe:
who xxxxxx
end
  • Sin etiquetas