Page tree
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Hai tres maneiras de proceder para a eliminación das mensaxes da Bandexa de Entrada, ou de calqueira outra carpeta que teñamos creada e aberta, enviándoas á Papeleira.

Coma exemplo, amosaremos aquí as posibilidades de eliminación desde a Bandexa de Entrada. Para iso situarémonos nela, poidendo así visualizar as mensaxes que teñamos.

 

Poderemos seleccionar unha ou mais mensaxes premendo sobre elas co rato ou ben marcando directamente as ventás que aparecen á súa esquerda tal e como se amosa na figura:


Se quixeramos marcalas todas, tan só teriamos que marcar a ventá superior tal e como se amosa na imaxe:


É importante suliñar que, en canto haxa alomenos unha mensaxe seleccionada, aparecerá na parte superior do noso correo unha pestana co icono Eliminar.

 

Agora teremos tres posibles opcións de eliminación (envío á Papeleira) das mensaxes seleccionadas:

  • OPCIÓN 1: Premendo directamente sobre a pestana Eliminar que nos apareceu na parte superior desaparecerán da nosa vista as mensaxes seleccionadas, sendo trasladados á Papeleira.

 

  • OPCIÓN 2: Premendo co botón dereito do rato sobre unha calqueira das mensaxes seleccionados, fará que se nos desplegue un menú no que aparece, entre outras, a opción Eliminar. Seleccionándoa, tódalas mensaxes marcadas serán enviados á Papeleira.


  • OPCIÓN 3: A eliminación podera tamén realizarse mantendo o rato pinchado sobre unha calqueira das mensaxes seleccionadas e movéndoo hacia a esquerda ata situalo sobre a Papeleira; serán trasladadas directamente.



  • No labels