Configuración o cliente Mail en Mac OS X
Datos de conexión
Unha conta de correo está fomada por un identificador (tamén chamado login e normalmente relacionado co nome do solicitante), o símbolo "@" e un dominio (ou sexa, a parte de Internet á que pertence a conta). No noso caso, a meirande parte das contas son do tipo login@uvigo.es (login@uvigo.gal). Ademáis, para poder leer o correo é necesaria un contrasinal que só o usuario da conta de correo debe saber. Polo tanto, antes de comeza-lo proceso de configuración da súa nova conta de correo, terá que te-los datos que lle corresponden á mesma, estes datos son: login, contrasinal, servidor de correo entrante, protocolo do servidor do correo entrante e servidor do correo sainte. Os datos de configuración da conta son: Aínda que estes son os datos de conexión recomendados, por contabilidade con clientes cos que se teñan problemas de conexión sopórtanse os seguintes protocolos: Protocolo recomendado . Cifrado con SSL Porto recomendado (submission) . Esixe cifrado con TLS En todo caso requírese a autentificación do usaurio para o envío de correo (SMTP). No tocante á lectura de correo hai dúas opcións:Servizo Protocolo Porto TCP Servidor Observacións Lectura de correo (correo entrante) IMAP 993 imap.uvigo.gal IMAP 143 imap.uvigo.gal Esixe cifrado con TLS POP3 995 pop.uvigo.gal Cifrado con SSL. POP3 110 pop.uvigo.gal Esixe cifrado con TLS Envío de correo (correo saínte) SMTP 587 smtp.uvigo.gal SMTP 25 smtp.uvigo.gal Esixe cifrado con TLS SMTP 465 smtp.uvigo.gal Cifrado con SSL
Se o correo dun buzón vai a ser leído dende varios ordenadores esta é a opción que recomendamos.
Como consecuencia de esto, se se emprega POP3 dende varios postos de usuario para ler a mesma conta, os correos se descargarán a un dos postos, e cando o correo se consulte dende os outros o que se verá é que as mensaxes desapareceron da bandexa de entrada.
Os clientes de correo permiten ás veces deixar o correo no servidor cando se emprega POP3, pero se se quere facer isto recomendamos que se empregue IMAP, dado que moitas veces cando a cantidade de correos acumulados é grande os clientes de correo tenden a ter problemas de funcionamento.
Configuración do cliente
A configuración de este ciente debería ser similar á seguinte:
- Indicar as características da conta de correo
- É recomensable empregar cifrado (no porto 993 ou no porto 143)
Problemas coñecidos do cliente Mail en Mac OS X Lion e posteriores
Hai algúns problemas de compatibilidade coñecidos co cliente de correo Mail de Mac OS X a partir da versión Lion (10.7) empregando IMAP e cifrado, estes débense a diferencias a hora de empregar os comandos IMAP para autentificación (AUTHENTICATE, AUTH), e en principio a día de hoxe están resoltos.
De todos xeitos, de darse, hai algunhas probas que se poden facer para tentar rodear o problema:
- Problema: O servidor indica de xeito repetido que a autentificación é incorrecta, a pesares de que se indica un contrasinal correcto
Causa: algunhas versións do cliente Mail en Mac OS X non empregan recheo (padding) para codificar en base64 o contrasinal do usuario, e o servidor de correo espera telo
Solución: Cambiar o contrasinal por un que teña unha lonxitude múltiplo de 3 (9 caracteres, por exemplo), para evitar que o "padding" sexa necesario - Problema: Non se consigue establecer conexión co servidor empregando cifrado, sen o cifrado esta conexión funciona correctamente
Causa: por algún motivo o cliente Mail aínda considera que se está empregando "correo.uvigo.es" en lugar de "imap.uvigo.es" e da erros ó comprobar o nome do certificado (que indica "imap.uvigo.es")
Solución: Dependendo de versións do cliente Mail- Deshabilitar "Usar SSL", ler o correo sen cifrado e voltar a habilitalo ("Usar SSL")
- Manter como nome de servidor "correo.uvigo.es", é un nome que agora apunta ó mesmo servidor que "imap.uvigo.es"