Configuración o cliente Mail en Mac OS X

Datos de conexión

 

Configuración do cliente

A configuración de este ciente debería ser similar á seguinte:

Problemas coñecidos do cliente Mail en Mac OS X Lion e posteriores

(info) Hai algúns problemas de compatibilidade coñecidos co cliente de correo Mail de Mac OS X a partir da versión Lion (10.7) empregando IMAP e cifrado, estes débense a diferencias a hora de empregar os comandos IMAP para autentificación (AUTHENTICATE, AUTH), e en principio a día de hoxe están resoltos.

De todos xeitos, de darse, hai algunhas probas que se poden facer para tentar rodear o problema:

  1. Problema: O servidor indica de xeito repetido que a autentificación é incorrecta, a pesares de que se indica un contrasinal correcto
    Causa: algunhas versións do cliente Mail en Mac OS X non empregan recheo (padding) para codificar en base64 o contrasinal do usuario, e o servidor de correo espera telo
    Solución: Cambiar o contrasinal por un que teña unha lonxitude múltiplo de 3 (9 caracteres, por exemplo), para evitar que o "padding" sexa necesario

  2. Problema: Non se consigue establecer conexión co servidor empregando cifrado, sen o cifrado esta conexión funciona correctamente
    Causa: por algún motivo o cliente Mail aínda considera que se está empregando "correo.uvigo.es" en lugar de "imap.uvigo.es" e da erros ó comprobar o nome do certificado (que indica "imap.uvigo.es")
    Solución: Dependendo de versións do cliente Mail
    1. Deshabilitar "Usar SSL", ler o correo sen cifrado e voltar a habilitalo ("Usar SSL")
    2. Manter como nome de servidor "correo.uvigo.es", é un nome que agora apunta ó mesmo servidor que "imap.uvigo.es"