Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

Versión 1 Siguiente »

Uso do servizo FileSender de Terena

Este servizo permite intercambiar arquivos para evitar os límites de tamaño do correo electrónico. Estes súbense e descárganse vía web. Este sistema permite enviar avisos por correo a diversos destinatarios e subir e compartir arquivos de ata 100 GB de tamaño.

 

Para empregalo compre ter unha conta válida do dominio @uvigo.es ou @alumnos.uvigo.es

  1. Conectarse a http://filesender.terena.org
  2. Premer en "Logon"
  3. Se xa accedeu anteriormente dende o seu ordenador aparecerá un botón cun acceso directo sen necesaidade de seguir estes pasos
  4. Se non é así, seleccionar "Spain" como país e, posteriormente, no listado que aparece, "Universidade de Vigo"
  5. Será redirixido ó servidor de autenticación da Universidade de Vigo, onde deberá indicar o seu usuario (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e contrasinal

  6. Aparecerá agora a páxina principal de Filesender
    Nela pode indicar:
    1. Destinatario do correo (calquera dirección de correo)
    2. Remitente (o seu usuario)
    3. Asunto do correo (Subject) que recibirá o destinatario
    4. Mensaxe a indicar
    5. Data de expiración (Expiry date): Data ata a que estará dispoñible a mensaxe, compre non indicar unha moi distante no tempo por seguridade (para deixar menos tempo dispoñibles os arquivos) e para evitar malgastar espazo nos servidores de Terena
    6. Arquivo
      Os limites de tamaño do arquivo son:
      1. (info.) Se o navegador soporta HTML5, 100 GB. A maior parte dos navegadores modernos soportan HTML 5, polo que tendo un navegador (Firefox, Chrome, Explorer, etc.) actualizado debería ter soporte de HTML 5
      2. Se o navegador non soporta HTML5, 2 GB
  7. Pode comprobar se o seu navegador soporta HTML 5 (e por tanto o límite de tamaño de arquivo é de 100GB) na parte superior dereita da páxina
  8. Subir o arquivo
  9. Premer "Send" para enviar o arquivo
  10. O destinatario recibirá unha mensaxe de correo co arquivo
  11. O usuario pode en calqueira momento administar os arquivos que subiu ata o momento a Filesender
    Para elo ten que ir á opción "My Files"
  12. Dende aquí pode ver os arquivos subidos, datas de expiración, borralos s  o consiera necesario, etc.
  • Sin etiquetas