Page tree
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

You are viewing an old version of this page. View the current version.

Compare with Current View Page History

« Previous Version 6 Next »

Datos para a configuración dun cliente de correo (servidores, protocolos, portos)

Contenido

Datos de configuración dun cliente de correo

Unha conta de correo está fomada por un identificador (tamén chamado login e normalmente relacionado co nome do solicitante), o símbolo "@" e un dominio (ou sexa, a parte de Internet á que pertence a conta). No noso caso, a meirande parte das contas son do tipo login@uvigo.es. Ademáis, para poder leer o correo é necesaria un contrasinal que só o usuario da conta de correo debe saber. Polo tanto, antes de comeza-lo proceso de configuración da súa nova conta de correo, terá que te-los datos que lle corresponden á mesma, estes datos son: login, contrasinal, servidor de correo entrante, protocolo do servidor do correo entrante e servidor do correo sainte.

 

Os datos de configuración da conta son:

  • Servidor de correo entrante: imap.uvigo.es
    • Servidor de correo saínte (SMTP): smtp.uvigo.es
  • Nome de usuario
    • É preferible indicalo con dominio: usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es
  • O servidor de correo de saída (SMTP) require autentificación
  • Números de porto do servidor
    • Servidor de correo de entrada (IMAP): 993
      • Empregar conexión cifrada (SSL)
    • Servidor de correo de saída (SMTP): 587
      • Empregar conexión cifrada (TLS)

 

Aínda que estes son os datos de conexión recomendados, por contabilidade con clientes cos que se teñan problemas de conexión sopórtanse os seguintes protocolos:

ServizoProtocoloPorto TCPServidorObservacións
Lectura de correo (correo entrante)IMAP993imap.uvigo.es

Protocolo recomendado (tick). Cifrado con SSL

 IMAP143imap.uvigo.esSen cifrar (error)
 POP3995pop.uvigo.esCifrado con SSL.
 POP3110pop.uvigo.esSen cifrar (error)
Envío de correo (correo saínte)SMTP587smtp.uvigo.esPorto recomendado (submission) (tick). Admite cifrado con TLS
 SMTP25smtp.uvigo.esAdmite cifrado con TLS
 SMTP465smtp.uvigo.esCifrado con SSL

(info) En todo caso requírese a autentificación do usaurio para o envío de correo (SMTP).

 

No tocante á lectura de correo hai dúas opcións:

  • IMAP:
    • Os correos quedan almacenados no servidor salvo que o usuario os mova a "Carpetas locais" no seu equipo. 
    • Avantaxes
      • Manexa carpetas no servidor de correo.
      • Das carpetas no servidor faise copia de seguridade.
      • O usuario pode acceder ós correos acumulados no servidor dende calqueira ordenador ou dende o acceso web ó correo.
    • Desavantaxes
      • As mensaxes acumuladas espacio no servidor e, por tanto, ser necesario que o usuario comprobe se o seu buzón está cerca do límite de espazo asignado. 
      • Se as mensaxes se acumulan no buzón de entrada a lectura do correo pode ser máis lenta.
  • POP3:
    • Os correos descárganse ó ordenador do usuario.
      Os clientes de correo permiten ás veces deixar o correo no servidor cando se emprega POP3, pero se se quere facer isto recomendamos que se empregfue IMAP, dado que moitas veces cando a cantidade de correos acumulados é grande os clientes de correo tenden a ter problemas de funcionamento.
    • Avantaxes
      • Como os correos son descargados ó equipo do usuario é máis rápido na lectura e non se teñen tantos problemas coa xestión do espazo no buzón de correo.
    • Desavantaxes
      • Non manexa carpetas.
      • Se a conta vai ser empregada por varias persoas non é unha opción recomendable, dado que descargará os correos acumulados a un único equipo.

 

 

  • No labels