Datos de configuración dun cliente de correo
Unha conta de correo está fomada por un identificador (tamén chamado login e normalmente relacionado co nome do solicitante), o símbolo "@" e un dominio (ou sexa, a parte de Internet á que pertence a conta). No noso caso, a meirande parte das contas son do tipo login@uvigo.es (login@uvigo.gal). Ademáis, para poder leer o correo é necesaria un contrasinal que só o usuario da conta de correo debe saber. Polo tanto, antes de comeza-lo proceso de configuración da súa nova conta de correo, terá que te-los datos que lle corresponden á mesma, estes datos son: login, contrasinal, servidor de correo entrante, protocolo do servidor do correo entrante e servidor do correo sainte.
Os datos de configuración da conta son:
- Servidor de correo entrante: imap.uvigo.gal
- Servidor de correo saínte (SMTP): smtp.uvigo.gal
- Nome de usuario
- Compre indicar o usuario completo, dominio incluído:
- usuario@uvigo.es / usuario@uvigo.gal (PAS, PDI, alumnos doutoramento)
- usuario@alumnos.uvigo.es / usuario@alumnos.uvigo.gal
- Compre indicar o usuario completo, dominio incluído:
- O servidor de correo de saída (SMTP) require autentificación
- Números de porto do servidor
- Servidor de correo de entrada (IMAP): 993
- Empregar conexión cifrada (SSL)
- Servidor de correo de saída (SMTP): 587
- Empregar conexión cifrada (TLS)
- Servidor de correo de entrada (IMAP): 993
Aínda que estes son os datos de conexión recomendados, por contabilidade con clientes cos que se teñan problemas de conexión sopórtanse os seguintes protocolos:
Servizo | Protocolo | Porto TCP | Servidor | Observacións |
Lectura de correo (correo entrante) | IMAP | 993 | imap.uvigo.gal | Protocolo recomendado . Cifrado con SSL |
IMAP | 143 | imap.uvigo.gal | Esixe cifrado con TLS | |
POP3 | 995 | pop.uvigo.gal | Cifrado con SSL. | |
POP3 | 110 | pop.uvigo.gal | Esixe cifrado con TLS | |
Envío de correo (correo saínte) | SMTP | 587 | smtp.uvigo.gal | Porto recomendado (submission) . Esixe cifrado con TLS |
SMTP | 25 | smtp.uvigo.gal | Esixe cifrado con TLS | |
SMTP | 465 | smtp.uvigo.gal | Cifrado con SSL |
En todo caso requírese a autentificación do usaurio para o envío de correo (SMTP).
No tocante á lectura de correo hai dúas opcións:
- IMAP:
- Os correos quedan almacenados no servidor salvo que o usuario os mova a "Carpetas locais" no seu equipo.
Se o correo dun buzón vai a ser leído dende varios ordenadores esta é a opción que recomendamos. - Avantaxes
- Manexa carpetas no servidor de correo.
- Das carpetas no servidor faise copia de seguridade.
- O usuario pode acceder ós correos acumulados no servidor dende calqueira ordenador ou dende o acceso web ó correo.
- Desavantaxes
- As mensaxes acumuladas espacio no servidor e, por tanto, ser necesario que o usuario comprobe se o seu buzón está cerca do límite de espazo asignado.
- Se as mensaxes se acumulan no buzón de entrada a lectura do correo pode ser máis lenta.
- Os correos quedan almacenados no servidor salvo que o usuario os mova a "Carpetas locais" no seu equipo.
- POP3:
- Os correos descárganse ó ordenador do usuario.
Como consecuencia de esto, se se emprega POP3 dende varios postos de usuario para ler a mesma conta, os correos se descargarán a un dos postos, e cando o correo se consulte dende os outros o que se verá é que as mensaxes desapareceron da bandexa de entrada.
Os clientes de correo permiten ás veces deixar o correo no servidor cando se emprega POP3, pero se se quere facer isto recomendamos que se empregue IMAP, dado que moitas veces cando a cantidade de correos acumulados é grande os clientes de correo tenden a ter problemas de funcionamento. - Avantaxes
- Como os correos son descargados ó equipo do usuario é máis rápido na lectura e non se teñen tantos problemas coa xestión do espazo no buzón de correo.
- Desavantaxes
- Non manexa carpetas.
- Se a conta vai ser empregada por varias persoas ou por unha soa persoa dende varios ordenadores distintos non é unha opción recomendable, dado que descargará os correos acumulados a un único equipo.
- Os correos descárganse ó ordenador do usuario.