Software proporcionado polo ATIC
Poden acceder ó software proporcionado polo ATIC (antivirus, sistemas operativos, suites ofimáticas) á comunidade universitaria accedendo, co seu usuario (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) a:
https://soporte.uvigo.es/software
Poderán acceder, en función das características do seu usuario (de PDI ou PAS da universidade no dominio @uvigo.es ou de alumnos no dominio @alumnos.uvigo.es), ó software dispoñible.
Servidor FTP público (ftp.uvigo.es)
O servidor FTP público permite acceder a réplicas (mirror) de software de diverso tipo.
O acceso o poden facer por FTP ou HTTP ó servidor ftp.uvigo.es.
Acceso dende un navegador web
Poden acceder dende un navegador web indo a http://ftp.uvigo.es.
Acceso dende un cliente FTP
Recomendamos sempre que sexa posible e se non é para a descarga de arquivos grandes empregar un navegador web.
Dende un cliente FTP compre que configuren un acceso a un FTP anónimo ("anonymous"). Os seguintes exemplos son imaxes do acceso empregando como cliente FileZilla:
En ocasións pode ser necesario especificar o tipo de acceso (modo "Pasivo"), dado que o modo "Activo" non sempre funciona correctamente (os firewalls nos ordenadores dos usuarios os bloquean).
Software no servidor FTP público
- Sistemas operativos
- CentOS
Debian
Poden acceder tamén como http://debian.uvigo.es, o arquivo de configuración para a descarga de paquetes
Para configurar un Debian 8 (Jessie), sería como se indica/etc/apt/sources.listdeb http://debian.uvigo.es/debian/ jessie main non-free contrib deb-src http://debian.uvigo.es/debian/ jessie main non-free contrib deb http://debian.uvigo.es/debian-security/ jessie/updates main contrib non-free deb-src http://debian.uvigo.es/debian-security/ jessie/updates main contrib non-free # jessie-updates, previously known as 'volatile' deb http://debian.uvigo.es/debian/ jessie-updates main contrib non-free deb-src http://debian.uvigo.es/debian/ jessie-updates main contrib non-free
Ubuntu
- Software de utilidade
- Apache
- LibreOffice