Software proporcionado polo ATIC

Poden acceder ó software proporcionado polo ATIC (antivirus, sistemas operativos, suites ofimáticas) á comunidade universitaria accedendo, co seu usuario (do tipo  usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) a:

https://soporte.uvigo.es/software

Poderán acceder, en función das características do seu usuario (de PDI ou PAS da universidade no dominio @uvigo.es ou de alumnos no dominio @alumnos.uvigo.es), ó software dispoñible.

Servidor FTP público (ftp.uvigo.es)

O servidor FTP público permite acceder a réplicas (mirror) de software de diverso tipo.

O acceso o poden facer por FTP ou HTTP ó servidor ftp.uvigo.es.

Acceso dende un navegador web

Poden acceder dende un navegador web indo a http://ftp.uvigo.es.

Acceso dende un cliente FTP

(info.) Recomendamos sempre que sexa posible e se non é para a descarga de arquivos grandes empregar un navegador web.

Dende un cliente FTP compre que configuren un acceso a un FTP anónimo ("anonymous"). Os seguintes exemplos son imaxes do acceso empregando como cliente FileZilla:

En ocasións pode ser necesario especificar o tipo de acceso (modo "Pasivo"), dado que o modo "Activo" non sempre funciona correctamente (os firewalls nos ordenadores dos usuarios os bloquean).


Software no servidor FTP público