Configuración da actualización (sincronización) da hora do ordenador
Se o seu ordenador está nun dominio Windows administrado polo ATIC (RECTORADO ou CACTI) non son precisas estas instrucións, a hora do equipo xa se actualiza de xeito automático.
O servicio de sincronización de hora NTP (Network Time Protocol) permite ter sincronizada a hora dun sistema cun servidor central de tempo. De esta forma consíguese unha exactitude de milisegundos na sincronización de hora nunha rede local.
O ATIC proporciona ós usuarios os servidores:
- hora.uvigo.es (193.146.32.95, 2001:720:1214:4200::95)
- hora2.uvigo.es (193.146.32.74, 2001:720:1214:4200::74)
- hora3.uvigo.es (193.146.32.229, 2001:720:1214:4201::229)
- hora4.uvigo.es (193.146.32.254, 2001:720:1214:4201::254)
A continuación indícase cómo configurar o servicio de hora en Windows e Unix.
Configuración en Windows
A hora do sistema pode ser sincronizada cun servidor NTP executando dende unha ventana de comandos a instrucción que se indica a continuación. Esto sincronizará o servidor cun servidor de hora (basta con executar esta orde unha vez o propio Windows seguirá a manter a sincronización de hora. A instrucción a executar é:
net time /SETSNTP:hora.uvigo.es
En instalacións recientes, pode ser preferible usar o comando w32time, que ten máis opcións
net stop w32time w32tm /config /syncfromflags:manual /manualpeerlist:hora.uvigo.es,hora2.uvigo.es net start w32time
Configuración en Linux
Para distintas versións de Unix o programa de sincronización de hora, ntpd ou xntpd, ven coa distribución estándar do sistema.
Ó mesmo tempo soen incluir un programa, ntpdate, para axustar manualmente a hora do sistema. Normalmente son paquetes separados (ntpdate e ntp en Debian, por exemplo).
A ubicación dos arquivos de configuración varía segundo o sistema operativo empregado, aínda que as mais habituais son /etc/ntp.conf ou /etc/ntp/ntpd.conf
O arquivo de configuración ntp.conf ten un aspecto semellante ó seguinte, no que se indica coma único servidor hora.uvigo.es (as ubicacións dos arquivos de log pode variar):
logfile /var/log/ntpd driftfile /var/lib/ntp/ntp.drift statsdir /var/log/ntpstats/ statistics loopstats peerstats clockstats filegen loopstats file loopstats type day enable filegen peerstats file peerstats type day enable filegen clockstats file clockstats type day enable # # Restrinxe acceso o servidor NTP # E moi importante xa que NTP pode mostrar informacion # de configuracion do servidor # Loopback -> accesos totais # # Da permisos a localhost restrict 127.0.0.1 # Non permitir consultas desde IPv4 restrict -4 default kod notrap nomodify nopeer noquery # Non permitir consultas desde IPv6 restrict -6 default kod notrap nomodify nopeer noquery # # Servidores locais NTP UVIGO # server hora.uvigo.es iburst server hora2.uvigo.es iburst server hora3.uvigo.es iburst server hora4.uvigo.es iburst
É importante restrinxir o acceso ó servidor NTP como se indica para que non se poda consultar dende o exterior do propio equipo, evitando de este xeito posibles problemas de seguridade.