Configuración da actualización (sincronización) da hora do ordenador

(info) Se o seu ordenador está nun dominio Windows administrado polo ATIC (RECTORADO ou CACTI) non son precisas estas instrucións, a hora do equipo xa se actualiza de xeito automático.

O servicio de sincronización de hora NTP (Network Time Protocol) permite ter sincronizada a hora dun sistema cun servidor central de tempo. De esta forma consíguese unha exactitude de milisegundos na sincronización de hora nunha rede local.

O ATIC proporciona ós usuarios os servidores:

A continuación indícase cómo configurar o servicio de hora en Windows e Unix.

Configuración en Windows

A hora do sistema pode ser sincronizada cun servidor NTP executando dende unha ventana de comandos a instrucción que se indica a continuación. Esto sincronizará o servidor cun servidor de hora (basta con executar esta orde unha vez o propio Windows seguirá a manter a sincronización de hora. A instrucción a executar é: 

net time /SETSNTP:hora.uvigo.es


 

Configuración en Linux

Para distintas versións de Unix o programa de sincronización de hora, ntpd ou xntpd, ven coa distribución estándar do sistema.

Ó mesmo tempo soen incluir un programa, ntpdate, para axustar manualmente a hora do sistema. Normalmente son paquetes separados (ntpdate e ntp en Debian, por exemplo).

A ubicación dos arquivos de configuración varía segundo o sistema operativo empregado, aínda que as mais habituais son /etc/ntp.conf ou /etc/ntp/ntpd.conf

O arquivo de configuración ntp.conf ten un aspecto semellante ó seguinte, no que se indica coma único servidor hora.uvigo.es (as ubicacións dos arquivos de log pode variar):

logfile /var/log/ntpd
driftfile /var/lib/ntp/ntp.drift
statsdir /var/log/ntpstats/

statistics loopstats peerstats clockstats
filegen loopstats file loopstats type day enable
filegen peerstats file peerstats type day enable
filegen clockstats file clockstats type day enable

# 
# Restrinxe acceso o servidor NTP
# E moi importante xa que NTP pode mostrar informacion 
# de configuracion do servidor
# Loopback -> accesos totais
#
# Da permisos a localhost
restrict 127.0.0.1 
# Non permitir consultas desde IPv4
restrict -4 default kod notrap nomodify nopeer noquery
# Non permitir consultas desde IPv6
restrict -6 default kod notrap nomodify nopeer noquery
#
# Servidores locais NTP UVIGO
#
server hora.uvigo.es iburst
server hora2.uvigo.es iburst
server hora3.uvigo.es iburst
server hora4.uvigo.es iburst

(info) É importante restrinxir o acceso ó servidor NTP como se indica para que non se poda consultar dende o exterior do propio equipo, evitando de este xeito posibles problemas de seguridade.