Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 29 Siguiente »

A universidade está a migrar o seu sistema de correo electrónico á plataforma Office 365. Isto significa que a partires de agora e durante os próximos meses todalas contas migraranse progresivamente aos novos servidores de Microsoft e, finalmente, desaparecerán os actuais servidores de correo da Universiade. Se vostede está a leer nestes momentos esta guia probablemente é porque ten chegado o momento de migrar a sua conta ó novo sistema e por tanto é preciso facer alguns cambios na sua configuración e o modo de uso do correo.

Neste proceso os enderezos de correo electrónico non cambiarán, seguirán sendo usuario@uvigo.gal (é importante que a apartires da migración se recomenda utilizar soamentes a opción @uvigo.gal frente a @uvigo.es por motivos de convivencia de ambas opcions) pero será necesario realizar axustes na configuración do correo electrónico no momento en que se migre cada unha das contas.

Coa migración se conseguirná as seguintes vantaxes:

  • Caixas de correo 10 veces máis grandes (50 GB)
  • Acceso web mellorado ("Outlook Web Access"), mais áxil, pontente é rapido que o actual.
  • Acceso IMAP con cifrado SSL/TLS
  • Filtro antivirus e antispam integrado.

É importante aclarar que no momento da migración non se perderá ningún correo electrónico, simplemente pasanse a recibir nos novos servidores e polo tanto será necesario comezar a utilizar un novo frontal de correo web en lugar de "correoweb.uvigo.gal" e/ou cambiar a configuración dos nosos programas de correo.

O proceso de migración realizarase por lotes, polo que no momento que lle toque migrar a súa conta recibirá un correo electrónico que lle notificará que nos próximos días se fará dita migración ao novo sistema nunha data concreta. Polo tanto, os correos electrónicos recibidos con posterioridade a dita data serán consultables no novo portal web portal.o365.uvigo.gal independentemente de que sexa necesario reconfigurar os programas de correo electrónico que tamén se poidan utilizar (Thunderbird e Outlook na maioría dos casos). Dito proceso de migración farase en dous pasos: un primero de notificación, a partires da cal xa deberá seguir as primeiras accions e no que se lle notificará a data exacta de migración. E un segundo paso a partires de dita data de migración no que deberá de facelas accions restantes. Todo o proceso se describe con detalle no documento "pasos para o uso da nova plataforma de correo electrónico". É imprescindible para unha correcta migración leer e seguir os pasos descritos neste documento e o resto de esta guía . Por favor prema no enlace seguinte e leao detidamente, siga as suas instrucciones si xa ten recibido o primer correo de aviso de que a sua conta vai ser migrada:


Reenvios ou filtros de mensaxes:

Se además ten reenvío de correo ou aplica algunha regra de filtrado, teña en conta que deberá eliminalos da súa configuración actual no servidor antigo (correoweb.uvigo.es) e reconfiguralos no novo servizo de correo de Office 365 (portal.o365.uvigo.gal). Lembre que a partires da migración ditas accions é mellor facelas no novo sitema xa que cando remate todo ó proceso o vello será dao de baixa. Si se manteñen no vello, cando isto suceda, ditas acción de filtrado ou reenvio xe deixarán de facer na sua conta sen previo aviso:


Programas específicos de correo:

É moi probable que utilice un programa de correo electrónico específico. Os máis habituais na comunidade universitaria son Thunderbird e Outlook de escritorio nas súas distintas versións. Se é o seu caso, nos seguintes enlaces atopará guías de configuración e migración para ambos dous programas:

Para calquera outro programa de correo distinto de estes dous as configuracións que se deben de usar para as novas contas son as seguintes:

- Correo entrante:

  • Protocolo:  IMAP
  • Servidor:  outlook.office365.com
  • Puerto: 993
  • Metodo de autenticación:  oAuth2

- Correo saliente:

  • Servidor:  outlook.office365.com
  • Puerto: 587
  • Metodo de autenticación:  oAuth2






  • Sin etiquetas