Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 16 Siguiente »

A universidade está a migrar o seu sistema de correo electrónico á plataforma Office 365. Isto significa que a partir de agora e durante os próximos meses todas as contas migraranse progresivamente aos novos servidores de Microsoft e, finalmente, desaparecerán os actuais servidores de correo. Se vostede está a leer nestes momentos esta guia probablemente é porque ten chegado o momento de migrar a sua conta ó novo sistema.

Neste proceso os enderezos de correo electrónico non cambiarán (seguirán sendo usuario@uvigo.gal ou usuario@uvigo.es) pero será necesario realizar axustes na configuración do correo electrónico no momento en que se migre cada unha das contas. Isto conseguirá as seguintes vantaxes:

  • Caixas de correo 10 veces máis grandes (50 GB)
  • Acceso web mellorado ("Outlook Web Access"), mais áxil, pontente é rapido.
  • Acceso POP3 ou IMAP con cifrado SSL/TLS
  • Filtro antivirus e antispam integrado.

É importante aclarar que no momento da migración non se perderá ningún correo electrónico, simplemente recibiranse nos novos servidores e polo tanto será necesario comezar a utilizar un novo correo web en lugar de "correoweb.uvigo.gal" e/ou cambiar a configuración dos nosos programas de correo.

O proceso de migración realizarase por lotes, polo que no momento que toque migrar a súa conta recibirá un correo electrónico que lle notificará que nos próximos días se fará dita migración ao novo sistema nunha data concreta. Polo tanto, os correos electrónicos recibidos con posterioridade a dita data serán consultables no novo portal web www.office.com independentemente de que sexa necesario reconfigurar os programas de correo electrónico que tamén se poidan utilizar (Thunderbird e Outlook na maioría dos casos). Cando reciba a notificación de que a túa conta se vai migrar, deberá seguir as instrucións que atoparás nos "pasos para o uso da nova plataforma de correo electrónico". Leer e seguir os pasos descritos neste documento é imprescindible no proceso de migración. Por favor prema no enlace seguite e leao detidamente, siga as suas instrucciones si xa ten recibido o primer correo de aviso de que a sua conta vai ser migrada:

Se además ten reenvío de correo ou aplica algunha regra de filtrado, teña en conta que deberá eliminalos da súa configuración actual no servidor antigo (correoweb.uvigo.es) e reconfiguralos no novo servizo de correo de Office 365 (www.office.com). Lembre que a partires da migración ditas accions é mellor facelas no novositema xa que cando remate todo ó proceso o vello será dao de baixa. Si se manteñen no vello, cando esto suceda, ditas acción de filtrado ou reenvio xe deixarán de facer na sua conta sen previo aviso:

É moi probable que utilices un programa de correo electrónico específico. Os máis habituais na comunidade universitaria son Thunderbird eOutlook de escritorio nas súas distintas versións. Se é o teu caso, nos seguintes enlaces atoparás guías de configuración e migración para ambos dous programas:



  • Sin etiquetas