IMPORTAR CORREO, CONTACTOS E CALENDARIO AO OUTLOOK
Se con anterioridade xa ten exportado a un arquivo .pst a información (correos, contactos e/ou calendarios) da vella conta do sistema da Universidade, pode agora importala no Outlook para incorporala á nova conta O365
1. Inicie o Outlook.
2. Na parte superior do programa, na cinta de opcións, seleccione “Archivo”
3. Prema en “Abrir y exportar” no menú lateral esquerdo. Na parte dereita seleccione “Importar o exportar”
4. Seleccione “Importar de otro programa o archivo” e prema en “Siguiente”
5. Deixe marcada a opción “Archivo de datos de Outlook(pst)” e prema en “Siguiente”
6. Prema en “Examinar” para atopar no PC o arquivo creado da conta vella segundo a guía “Exportar dende Outlook”
7. Na fiestra de busca, ir á carpeta que contén o arquivo, seleccionalo e premer en “Abrir”
8. Premer en “Siguiente” para avanzar
9. Comprobar que é o que se vai a importar e asocialo á conta de correo previamente configurada no Outlook. Comprobar que está marcado “Incluír subcarpetas”. Premer en “Finalizar”
10. O tempo de duración do proceso de importación dependerá da cantidade de datos que se teña que subir aos servidores de Microsoft, podendo durar horas o proceso. Pode ir comprobando o progreso da importación accedendo ao Outlook na web (OWA)
- Correo: https://outlook.office.com/mail/
- Calendario: https://outlook.office.com/calendar/
- Contactos https://outlook.office.com/people/
11. Terá na conta configurada en Outlook e no OWA os correos, contactos e calendario.