Page tree

Versions Compared

Key

  • This line was added.
  • This line was removed.
  • Formatting was changed.

...

Para prestar este servizo úsase o servizo de emisión de certificados TCS4 de Terena.

Table of Contents

Condicións do servizo

  1. A solicitude de creación ou renovación dos certificados farase mediante o formulario
    https://soporte.uvigo.es/seguemento/servicedesk/customer/portal/2/create/62
  2. Poden solicitar certificados para nomes de terceiro ou cuarto nivel (sitio.uvigo.es, meu.sitio.uvigo.gal).
  3. Non se crearán certificados wildcard  (*.nome.uvigo.gal, p.ex.)
  4. Non se creará o certificado se o nome para o que se solicita o certificado entra en conflicto con servizos ou sitios en uso na universidade.
  5. O usuario debe crear a chave privada e aplicar as medidas necesarias para protexela frente á súa posible revelación.
  6. O usuario proporcionará, na solicitude, o CSR (solicitude de sinatura de certificado) do certificado solicitado.
  7. O usuario responsabilizase de usar os certificados emitidos a través deste servizo só para fins legais e autorizados.
  8. O usuario asume que o servizo é prestado en termos non comerciais, e que non cabe reclamar responsabilidades á Universidade de Vigo en relación coa prestación deste servizo.
  9. O usuario non poderá compartir a chave privada do certificado.
  10. Para garantir que os certificados funcionen correctamente ó longo da súa vida útil, a CA rexistrará os certificados SSL nunha base de datos pública. Isto é unha condición necesaria para prestar a funcionalidade dos certificados, manifesta por tanto expresamente a súa conformidade co rexistro dos seus certificados. A información rexistrada é de dominio público e non se pode retirar do servidor de rexistros.
  11. O certificado expídese cunha duración de 1 ano, antes de pasado o ano o usuario pode solicitar a renovación do certificado.
  12. As condicións completas do servizo TCS as pode ver en
    https://www.rediris.es/tcs/doc/cuso/tcs-acuerdo-usuario-v4-rev04.pdf

Cómo xerar a solicitude