Este servizo deixa de estar dispoñible a partir do día , cando volva a estar dispoñible un equivalente avisarémolos.

Os certificados xa emitidos seguirán sendo vixentes ata a súa expiración.

Os novos certificados para sitios web en webs.uvigo.es expediranse temporalmente con LetsEncrypt R3


Os usuarios poden solicitar, para sitios web baixo dominios administrados pola Universidade de Vigo

Certificados para acceso HTTPS ós seus sitios web.

Para prestar este servizo úsase o servizo de emisión de certificados TCS4 de Terena.

Condicións do servizo

  1. A solicitude de creación ou renovación dos certificados farase mediante o formulario
    https://soporte.uvigo.es/seguemento/servicedesk/customer/portal/2/create/62
  2. Poden solicitar certificados para nomes de terceiro ou cuarto nivel:
    P. ex.:
    1. sitio.uvigo.es
    2. meu.sitio.uvigo.gal
  3. Non se crearán certificados wildcard  (*.nome.uvigo.gal, p.ex.)
  4. Non se creará o certificado se o nome para o que se solicita o certificado entra en conflicto con servizos ou sitios en uso na universidade.
  5. O nome non debe incluir caracteres non válidos en certificados ("_", "+", p.ex.)
  6. O usuario debe crear a chave privada e aplicar as medidas necesarias para protexela frente á súa posible revelación.
  7. O usuario proporcionará, na solicitude, o CSR (solicitude de sinatura de certificado) do certificado solicitado.
  8. O usuario responsabilizase de usar os certificados emitidos a través deste servizo só para fins legais e autorizados.
  9. O usuario asume que o servizo é prestado en termos non comerciais, e que non cabe reclamar responsabilidades á Universidade de Vigo en relación coa prestación deste servizo.
  10. O usuario non poderá compartir a chave privada do certificado.
  11. Para garantir que os certificados funcionen correctamente ó longo da súa vida útil, a CA rexistrará os certificados SSL nunha base de datos pública. Isto é unha condición necesaria para prestar a funcionalidade dos certificados, manifesta por tanto expresamente a súa conformidade co rexistro dos seus certificados. A información rexistrada é de dominio público e non se pode retirar do servidor de rexistros.
  12. O certificado expídese cunha duración de 1 ano, antes de pasado o ano o usuario pode solicitar a renovación do certificado.
    1. (info.) Se o indica, pódese solicitar con renovación automática, 1 mes antes da expiración recibirá un novo certificado por correo electrónico asociado á mesma chave privada e CSR da solicitude inicial
    2. Debe indicar, neste caso, a dirección de correo electrónico na que quere recibir a mensaxe de renovación de certificados.
  13. As condicións completas do servizo TCS as pode ver en
    https://www.rediris.es/tcs/doc/cuso/tcs-acuerdo-usuario-v4-rev04.pdf

Cómo xerar a solicitude