Child pages
  • Activar conta de usuario ou modificar datos básicos da mesma

Versions Compared

Key

  • This line was added.
  • This line was removed.
  • Formatting was changed.

...

  1. Acceda a: http://login.uvigo.es/portal/
    Pódese atopar un enlace a esta páxina no acceso web ó correo, http://correoweb.uvigo.es, na parte dereita da páxina:

  2. Na páxina que aparece prema en "Acceder":

  3. Indique os seus datos para autentificarse
    Pode elexir as seguintes opcións:
    1. Datos de acceso á Secretaría Virtual
      1. Indique que se vai a autentificar empregando o "NIU"
      2. Indique os datos de acceso á secretaría virtual (NIU, número de documento e chave de acceso):


    2. Usuario e contrasinal (se xa os coñece)
    3. Certificado FNMT
      Indique que se vai a autentificar empregando "Certificado dixital"

 


Accederá a unha páxina dende a que poderá seleccionar a conta que desexa activar ou modificar (se un usuario é tanto alumno como persoal da universidade terá dúas contas, unha do tipo usuario@alumnos.uvigo.es e outra do tipo usuario@uvigo.es)

 

 



Activar conta ou establecer novo contrasinal

No formulario de edición de contas de usuario indique o seu novo contrasinal, e, unha vez que a páxina o de por bo (en base a unha serie de regras que se indican no propio formulario), prema en "Establecer contrasinal".

 


Establecer visibilidade no directorio de contas de correo

Por defecto as contas de correo aparecen como non visibles cara o exterior da Universidade de Vigo pero como visibles no buscador da páxina web da universidade se a consulta se fai dende a propia rede da Universidade de Vigo e como visibles no directorio de contas de correo do acceso web ó correo.

Hai tres dúas posibilidades:

  • Conta visible para todo o mundo: Calquera pode consultar os datos básicos da conta (nome, apelidos, dirección de correo). Por motivos de seguridade e para non recibir unha cantidade esaxerada de SPAM non recomendamos esta opción.Conta visible para usuarios na Universidade de Vigo: Aparecerá se se consulta o directorio de contas dende o acceso web ó correo ou no buscador da páxina web se esta consulta se fai dende a propia rede de datos da Universidade de Vigo
  • Non Conta non visible: A conta non aparecerá nos directorios de contas de correo

 Image Added


Redirixir a conta de correo e/ou establecer resposta automática ós correos

(warning) Esto xa non se configura dende aquí senón dende o acceso web ó correo, http://correoweb.uvigo.es, como se indica en: "Filtros: ausencia e redirección do correo"

 


Non consigo acceder ó formulario de activación de conta

  • Problema: Erro na autentificación
    • Causa: Non todas as aplicacións de UVIGO empregan a mesma codificación de caracteres, polo que pode haber problemas se algúns caracteres do contrasinal son acentos, interrogacións ou caracteres similares.
    • Solución: Namentres non se corrixa este problema nas codificacións compre que indiquen un contrasinal que non conteña acentos, diéreses, eñes ou aperturas de interrogación ou exclamación.

...


(info) Non coñezo os meus datos de acceso á Secretaría Virtual

...

(warning) Para os problemas de acceso á Secretaría Virtual, mecanismos de obtención do NIU e en xeral para consultas relativas ós servizos que esta presta, a información actualizada tense na páxina https://seix.uvigo.es/uv/web/app.php/axuda/. Na sección "Problemas de Acceso" pode consultar información máis completa sobre o procedemento de obtención das credenciais de acceso á Secretaría Virtual.

 


  1. Se esqueceu os seus datos de acceso (NIU, contrasinal de acceso á secretaría virtual) pode recuperalos premendo, na páxina principal da Secretaría Virtual, o enlace "Recuperar datos de acceso", pediráselle a conta de correo que indicou, se é alumno, ó matricularse.

  2. Se non dispón aínda de un identificador (NIU) na Secretaría Virtual, pode conseguilo seguindo o enlace "Cree o seu NIU" que aparece nesa páxina:

    Debe indicar a súa situación segundo corresponda (estudante ou persoal con contrato coa Universidade de Vigo)

    Se vostede é un alumno pediralle o seu NIF ou documento identificativo e o código de seguridade que se proporciona para a activación do NIU durante o proceso de automatrícula.

    Se vostede é persoal con contrato coa Universidade de Vigo (PAS ou PDI) debe indicar o código de seguridade que se proporciona ó asinar o contrato coa Universidade de Vigo.

 

 

...