Page tree
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Identidade e contas de Usuario

Contas de usuario

Teñen dereito a unha conta de usuario os membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo. Isto inclúe a alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos.

Unha conta é un identificador de usuario, do tipo:

As contas persoais para PAS, PDI e alumnado créanse de xeito automático:

  • PAS e PDI (@uvigo.gal): No momento en que se dan de alta ós usuarios nas aplicacións de xestión de persoal da Universidade de Vigo
  • Alumnado (@alumnado.uvigo.gal): No momento en que se formaliza a matrícula do alumnado

Os cambios posteriores nos datos dos alumnos, PDI e PAS (nome, apelidos, ubicación, datos de acceso á secretaría virtual, etc.) refléxanse de xeito automático no directorio de usuarios e nas propias contas de usuario. Dado o xeito en que se fan estas  actualizacións pode haber un pequeno retraso (ata dúas horas cando se da de alta ó usuario nas aplicacións de xestión, ata quince minutos para posteriores modificacións) nas actualizacións.

As contas de usuario están suxeitas ó cumprimento das normas de uso dos servizos, normas das que se informa ó usuario e que están publicadas na páxina web da ATIC no apartado normativa. 

A que servizos da acceso

As contas de usuario dan acceso ós seguintes servizos:

Como obteño unha conta de usuario

As contas de usuario créanse automáticamente en base ós datos existentes para o usuario na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo, polo que un requisito previo a poder dispoñer dunha conta de usuario é dispoñer dun acceso á  Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.

Unha vez que se dispón dos datos de acceso á Secretaría Virtual (DNI ou documento identificativo, número de tarxeta universitaria e clave de acceso) pode activarse a conta de usuario dende http://login.uvigo.gal/portal/ como se indica en este enlace.

Para contas que non se creen automáticamente ou se se trata dunha petición dunha conta adicional ou non persoal (para departamentos, asignaturas, servizos, eventos, cursos, sindicatos, delegacións de alumnos, etc.), debe remitir ó Servizo de Atención ó Usuario (SAUM) por correo interno seguindo o procedemento indicado no seguinte apartado.

Como solicito unha conta de usuario

As contas créanse, na maior parte dos casos, de xeito automático, se o seu é un dos casos en que non se crean as contas de usuario de xeito automático ou se se trata dunha petición dunha conta adicional (para asignaturas, servizos, eventos, contas xenéricas, sindicatos, delegacións de alumnos, etc.), debe facer a solicitude mediante este formulario.

Cal é o meu identificador de usuario

  1. No caso das contas de usuario creadas automáticamente o identificador de usuario asígnase automáticamente seguindo o seguinte criterio:
    Os identificadores de usuario créanse a partir de nome, primeiro e segundo apelido, vanse buscando identificadores non existentes xa na Universidade de Vigo.
    Por exemplo, para o usuario de nome: Perico Palotes Pérez, no dominio @uvigo.gal, a secuencia de identificadores de usuario buscaríase do seguinte xeito:
  2. No caso das contas de usuario para as que se precise o envío dun formulario de solicitude pódese solicitar o identificador de xeito libre sempre que non esté xa asignado e cumpla coas normas de uso do servizo de correo electrónico.

Os datos da miña conta non están actualizados

As contas que se crean automáticamente actualízanse en base ós datos existentes na Secretaría Virtual para o usuario (nome, apelidos, documento identificativo, titulacións que cursa, centro, etc.).

No caso das contas creadas de xeito manual compre solicitar a modificación ó Servizo de Atención o Usuario (SAUM).

Non consigo activar a miña conta de usuario

  1. Os datos de activación para a conta de usuario, se esta é creada automáticamente, son os de acceso á Secretaría Virtual: NIU , número de documento identificativo (NIF, pasasporte, etc.) e clave de acceso á secretaría virtual
  2. Pódese autentificar tamén cun certificado persoal da FNMT
  3. Os datos non se actualizan automáticamente no directorio de contas de correo, se modificou algúns de estes datos na Secretaría Virtual a activación da conta pode non ser posible ata pasado un tempo
    1. Modificación de datos na secretaría virtual (clave de acceso ou outros): ata 15 minutos
    2. Creación dunha nova conta na secretaría virtual: ata 2 horas

Non teño acceso á wifi ou outros servizos

Isto pode deberse a:

  • Trátase dunha conta de creación non automática e foi borrada por cadudicade
  • Trátase dun alumno egresado, que xa non ten matrícula activa e por tanto non ten acceso a algúns servizos: licenzas de software, rede wifi

Recibín un aviso de que a conta vai a ser borrada

As contas creadas manualmente teñen un tempo de expiración asociado, definido manualmente e dependente da finalidade da conta ( por defecto é de 2 anos), para evitar a acumulación de contas non usadas e con esto o desperdicio de recursos do ATIC.

Estas mensaxes só se envían ás contas creadas manualmente (ver o listado do apartado seguinte) previa solicitude a través de un formulario e nunca ás creadas automáticamente.

warningOs servizos informáticos nunca solicitarán contrasinais ou datos que permitan o acceso á conta do usuario. Só se pedirá ó envío da solicitude de renovación empregando este formulario.

Estes avisos envíanse a partir de 1 mes antes da expiración da conta de usuario. As contas seguirán a existir 3 meses despóis da data de expiración, unha vez pasado ese tempo bórranse automáticamente.

Tipos de contas de usuario

A continuación indícase un listado dos tipos de usuario máis habituais e o tipo de conta de que poden dispoñer.

  • Alumnos Grao / Máster / Postgrao / Titulacións Propias / Tese
  • Alumnos de doctorado RD 99/2011
  • Alumnos egresados
    • Conta do tipo usuario@alumnado.uvigo.gal
    • Creación automática, activación en https://login.uvigo.gal/portal/ con datos de acceso á secretaría virtual ou certificado FNMT
    • Non teñen acceso a
      • Licenzas de software
      • Acceso wifi á rede inalámbrica
    • Teñen acceso a
      • Correo electrónico (lectura só): non poden enviar correos, sí establecer redireccións a outros provedores.
      • Acceso co seu identificador a servizos internos, secretaría virtual, servicios externos a través de SIR2 e eduGain dispoñibles para egresados
  • PDI
  • PAS
  • PDI externo centros adscritos
  • PAS externo administrativo
  • PDI visitante
  • Outro PDI externo ou en situación temporal
    • Non se proporciona conta de usuario
  • PAS externo ou en situación temporal
    • Non se proporciona conta de usuario
  • PDI desvinculado da Universidade de Vigo
    • Conta do tipo usuario@uvigo.gal
    • Servizos limitados
      • Non ten acceso proxy
      • Non ten acceso a descargas de software ou M365
      • Acceso limitado a correo
  • PAS desvinculado da Universidade de Vigo
    • Conta do tipo usuario@uvigo.gal
    • Servizos limitados
      • Non ten acceso proxy
      • Non ten acceso a descargas de software ou M365
      • Acceso limitado a correo
  • Contas institucionais ou de servizos non persoais
    • Conta do tipo usuario@uvigo.gal
    • Créase mediante solicitude expresa enviando o formulario de solicitude de conta de usuario.
    • Estas contas teñen limitado o acceso a servizos que requiran unha verificación consistente da identidade do usuario (almacenamento de arquivos persoais, acceso a algunhas publicacións ou webs, etc.)
  • Contas departamentais, de materias ou titulacións non persoais
    • Conta do tipo usuario@uvigo.gal
    • Créase mediante solicitude expresa enviando o formulario de solicitude de conta de usuario.
    • Estas contas teñen limitado o acceso a servizos que requiran unha verificación consistente da identidade do usuario (almacenamento de arquivos persoais, acceso a algunhas publicacións ou webs, etc.)
  • Bolseiros

  • Delegacións de alumnos

  • Sindicatos

  • Contas para actos, eventos ou congresos

  • No labels