Descrición
O servizo de Disco Privado Virtual permite ter un espazo propio para almacenamento de arquivos en rede. Os usuarios poderán acceder tanto se se atopan conectados á rede da Universidade de Vigo, como en calquera ubicación na que poidan navegar por internet.
...
O acceso a este servizo poderá facerse empregando diferentes mecanismos de autentificación.
Tabla de contenidos |
---|
Como acceder
...
ao servizo DPV
- Accedendo á páxina: http://dpv.uvigo.es
Poderá identificarse:- Co seu usuario completo (usuario@uvigo.es) e o contrasinal
- Cos datos de acceso á Secretaría Virtual (DNI, NIU, contrasinal)
- Ou co DNIe
- Dende o seu móvil
- Android
- IOS
- Dende o seu ordenador personal
- Descargando a aplicación de escritorio se o seu sistema operativo é
- Windows
- MacOS
- Mediante o navegador
Empregando calquera navegador que soporte HTML5 e JavaScript: http://html5test.com/ - Configurando unha carpeta WebDAV
No caso de configurar unha carpeta WebDAV, e dadas as características do servizo, compre fixar en http://dpv.uvigo.es un contrasinal específico para o uso de WebDAV, distinto do que ten habitualmente o usuario
- Windows: Coas limitacións propias do cliente WebDAV nativo de Windows (titorial con alternativas)
- Linux
- MacOS
- Descargando a aplicación de escritorio se o seu sistema operativo é
Quen pode acceder
...
ao servizo DPV
- Poden acceder ó ao servizo DPV tódolos investigadores da Universidade de Vigo, e o persoal administrativo asignado ou relacionado cos grupos de investigación.
- Compre que os usuarios dispoñan de
- Unha conta na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo
- Unha conta de usuario persoal do tipo "usuario@uvigo.es"
(Co fin de garantir a identidade dos usuarios só accederán ó ao servizo DPV as contas de tipo persoal asociadas a unha conta na Secretaría Virtual Virtual) - PDI da Universidade de Vigo ou persoal asignado a proxectos de investigación.
- O acceso para o PDI é automático coa súa empregando a conta persoal. Se non dispón de acceso ó
No caso de non dispoñer de acceso ao servizo DPV ou de non pode poder acceder ó mesmo pode consultar ás direccións indicadas ao mesmo, poderá consultarse a deficiencia nos enderezos indicados no apartado "Atención a Usuarios" de este mesmo documento.
Con que usuarios podo compartir arquivos
Poderá compartir arquivos con outros usuarios tanto da Universidade, como externos á mesma.
A capacidade As capacidades á hora de compartir arquivos con usuarios do propio DPV son maiores.
...
Asignarase un espacio de 5GB por usuario.
Atención a Usuarios
Direccións e teléfonos: http://www.uvigo.es/uvigo_es/administracion/atic/
...
- Consulta de datos de acceso ó ao servizo
- Só se responderá ou proporcionarán estes datos, nos supostos contemplados na lexislación vixente (artigo 38 da lei 32/2003), ó ao propio usuario, enviándose á dirección de correo que corresponde á conta que se emprega para acceder ó ao DPV (usuario@uvigo.es). En ningún caso se proporcionarán estes datos a outras contas de correo ou a outras persoas.
- Recuperación de datos
O propio DPV dispón dunha papelera, compre que revisen nela para ver se están os documentos perdidos
- Non se garante máis que unha copia semanal dos datos, aínda que se a infraestrutura o permite terase unha copia diaria dos mesmos. En caso de perder arquivos pode solicitarse a recuperación de estes da última copia de seguridade anterior ó ao incidente. Co fin de recuperar a maior cantidade de datos posible, compre que o usuario proporcione unha data o máis exacta posible da data na que se perderon ou se advertiu a falta dos arquivos.
- Problemas co navegador
- Problemas xenéricos con cookies, javascript, etc.
Limitacións do Servizo
- Espazo en disco
- O espacio en disco proporcionado é de 5GB por usuario.
- Tamaño de arquivos
- O máximo tamaño de arquivo que permite subir o DPV é de 2GB. Se se suben arquivos maiores compre que os divida en trozos menores.
- Copia de seguridade (backup)
- Non se garante máis que unha copia semanal dos datos, aínda que se a infraestrutura o permite terase unha copia diaria dos mesmos
- As copias de seguridade manteranse un máximo de 6 meses, non se garante a recuperación de datos borrados máis de 6 meses atrás.
- Antivirus: Todos os arquivos subidos ó ao DPV pasan un filtrado antivirus. A Universidade de Vigo non garante, en todo caso, a ausencia total de virus nos arquivos ubicados nos espazos do DPV, e é o usuario o que ten que dispoñer dun antivirus actualizado como medida de prevención de infeccións nos seus equipos.
- Privacidade: O ATIC garante a privacidade dos datos, arquivos e rexistros de acceso ós aos mesmos
- Trazabilidade: O ATIC mantén rexistros dos accesos dos usuarios ó ao DPV (entrada e saída o sistema e actualización de arquivos), co único fin de solucionar posibles problemas ou incidentes no uso do servizo e de manter estatísticas de uso do sistema, necesarias para poder dimensionar este de cara á futura evolución do servizo. O ATIC poderá proporcionar ó ao usuario un rexistro dos seus propios accesos, só a petición de este e previa verificación da súa identidade.
Normas e condicións de uso
Os usuarios comprométense a:
- Ler a dirección de correo asociada ó ao DPV, xa sexa directamente ou redirixíndoa a outra dirección de correo
As notificacións remitidas polo ATIC só se enviarán a esta dirección de correo, isto inclúe:
- Notificacións de expiración (caducidade) da conta
- Notificacións de incidentes de seguridade ou problemas detectados no seu acceso ó ao DPV
- Avisos indicando actualización do contorno software e interrupcións do servizo
- Os arquivos e datos ubicados polo usuario no DPV son de exclusiva responsabilidade de este
- O usuario é o responsable único dos contidos subidos ó ao seu espazo de disco no DPV.
- Encaso de queixas ou conflictos con documentos ou arquivos ubicados no DPV o ATIC poderá retirar de xeito preventivo os documentos do DPV ou incluso retirar ó ao usuario o acceso ó ao servizo.
Co uso do DPV o usuario comprométese a aceptar estas condicións de uso.