Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 12 Siguiente »

Descrición

O servizo de Disco Privado Virtual permite ter un espazo propio para almacenamento de arquivos en rede. Os usuarios poderán acceder tanto se se atopan conectados á rede da Universidade de Vigo, como en calquera ubicación na que poidan navegar por internet.

O servizo de Disco Privado Virtual permite a compartición de documentos con outros usuarios do DPV (incluso alleas á propia Universidade de Vigo).

O acceso a este servizo poderá facerse empregando diferentes mecanismos de autentificación.

 

Como acceder ao servizo DPV

  • Accedendo á páxina: http://dpv.uvigo.es
    Poderá identificarse:
    • Co seu usuario completo (usuario@uvigo.es) e o contrasinal
    • Cos datos de acceso á Secretaría Virtual (DNI, NIU, contrasinal)
    • Ou co DNIe
    (No futuro, de engadirse novos mecanismos de acceso, serían indicados nesta páxina).
  • Dende o seu móvil
    • Android
    • IOS
  • Dende o seu ordenador personal
    • Descargando a aplicación de escritorio se o seu sistema operativo é
      • Windows
      • MacOS
    • Mediante o navegador
      Empregando calquera navegador que soporte HTML5 e JavaScript: http://html5test.com/
    • Configurando unha carpeta WebDAV
      (info.) No caso de configurar unha carpeta WebDAV, e dadas as características do servizo, compre fixar en http://dpv.uvigo.es un contrasinal específico para o uso de WebDAV, distinto do que ten habitualmente o usuario
      • Windows: Coas limitacións propias do cliente WebDAV nativo de Windows (titorial con alternativas)
      • Linux
      • MacOS

Quen pode acceder ao servizo DPV

  • Poden acceder ao servizo DPV tódolos investigadores da Universidade de Vigo, e o persoal administrativo asignado ou relacionado cos grupos de investigación.
  • Compre que os usuarios dispoñan de
    • Unha conta na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo
    • Unha conta de usuario persoal do tipo "usuario@uvigo.es"
      (Co fin de garantir a identidade dos usuarios só accederán ao servizo DPV as contas de tipo persoal asociadas a unha conta na Secretaría Virtual)
  • PDI da Universidade de Vigo ou persoal asignado a proxectos de investigación.
  • O acceso para o PDI é automático empregando a conta persoal.
    No caso de non dispoñer de acceso ao servizo DPV ou de non poder acceder ao mesmo, poderá consultarse a deficiencia nos enderezos indicados no apartado "Atención a Usuarios" de este mesmo documento.

Con que usuarios podo compartir arquivos

Poderá compartir arquivos con outros usuarios tanto da Universidade, como externos á mesma.

As capacidades á hora de compartir arquivos con usuarios do propio DPV son maiores.

Como compartir arquivos cun grupo de usuarios

Dado que os grupos e a organización da Universidade son variables, non se establecen grupos dentro do propio DPV. Se se queren compartir datos dentro dun grupo (unha carpeta común dun grupo de investigación, para un proxecto, etc.):

  • Un dos usuarios (pode ser o coordinador do grupo) crea unha carpeta para o grupo ou proxecto
  • Comparte esta carpeta con permisos totais sobre o resto dos usuarios grupo

De que espacio dispoño

Asignarase un espacio de 5GB por usuario.

Atención a Usuarios

Direccións e teléfonos: http://www.uvigo.es/uvigo_es/administracion/atic/

Prestaranse os seguintes servizos:

  • Consulta de datos de acceso ao servizo
    • Só se responderá ou proporcionarán estes datos, nos supostos contemplados na lexislación vixente (artigo 38 da lei 32/2003), ao propio usuario, enviándose á dirección de correo que corresponde á conta que se emprega para acceder ao DPV (usuario@uvigo.es). En ningún caso se proporcionarán estes datos a outras contas de correo ou a outras persoas.
  • Recuperación de datos
    • (info.) O propio DPV dispón dunha papelera, compre que revisen nela para ver se están os documentos perdidos
    • Non se garante máis que unha copia semanal dos datos, aínda que se a infraestrutura o permite terase unha copia diaria dos mesmos. En caso de perder arquivos pode solicitarse a recuperación de estes da última copia de seguridade anterior ao incidente. Co fin de recuperar a maior cantidade de datos posible, compre que o usuario proporcione unha data o máis exacta posible da data na que se perderon ou se advertiu a falta dos arquivos.
  • Problemas co navegador
    • Problemas xenéricos con cookies, javascript, etc.

Limitacións do Servizo

  • Espazo en disco
    • O espacio en disco proporcionado é de 5GB por usuario.
  • Tamaño de arquivos
    • O máximo tamaño de arquivo que permite subir o DPV é de 2GB. Se se suben arquivos maiores compre que os divida en trozos menores.
  • Copia de seguridade (backup)
    • Non se garante máis que unha copia semanal dos datos, aínda que se a infraestrutura o permite terase unha copia diaria dos mesmos
    • As copias de seguridade manteranse un máximo de 6 meses, non se garante a recuperación de datos borrados máis de 6 meses atrás.
  • Antivirus: Todos os arquivos subidos ao DPV pasan un filtrado antivirus. A Universidade de Vigo non garante, en todo caso, a ausencia total de virus nos arquivos ubicados nos espazos do DPV, e é o usuario o que ten que dispoñer dun antivirus actualizado como medida de prevención de infeccións nos seus equipos.
  • Privacidade: O ATIC garante a privacidade dos datos, arquivos e rexistros de acceso aos mesmos
  • Trazabilidade: O ATIC mantén rexistros dos accesos dos usuarios ao DPV (entrada e saída o sistema e actualización de arquivos), co único fin de solucionar posibles problemas ou incidentes no uso do servizo e de manter estatísticas de uso do sistema, necesarias para poder dimensionar este de cara á futura evolución do servizo. O ATIC poderá proporcionar ao usuario un rexistro dos seus propios accesos, só a petición de este e previa verificación da súa identidade.

Normas e condicións de uso

Os usuarios comprométense a:

  • Ler a dirección de correo asociada ao DPV, xa sexa directamente ou redirixíndoa a outra dirección de correo
    (info.) As notificacións remitidas polo ATIC só se enviarán a esta dirección de correo, isto inclúe:
    • Notificacións de expiración (caducidade) da conta
    • Notificacións de incidentes de seguridade ou problemas detectados no seu acceso ao DPV
    • Avisos indicando actualización do contorno software e interrupcións do servizo
  • Os arquivos e datos ubicados polo usuario no DPV son de exclusiva responsabilidade de este
  • O usuario é o responsable único dos contidos subidos ao seu espazo de disco no DPV.
  • Encaso de queixas ou conflictos con documentos ou arquivos ubicados no DPV o ATIC poderá retirar de xeito preventivo os documentos do DPV ou incluso retirar ao usuario o acceso ao servizo.

Co uso do DPV o usuario comprométese a aceptar estas condicións de uso.

 

  • Sin etiquetas