Page tree
Skip to end of metadata
Go to start of metadata


Os usuarios poden solicitar certificados persoais (para cifrado de correo), emitidos pola autoridade de certificación do servizo TCS5 de Geant (Harica).

Condicións de uso do servizo

Este servizo ten as seguintes limitacións:

  • Só se expiden estes certificados a usuarios de PDI ou PAS no dominio @uvigo.es
  • A duración máxima destes certificados é de 1 ano
  • Só se emiten para a conta no dominio @uvigo.es  (non no dominio @uvigo.gal)

Obter un certificado persoal

Para obter un certificado personal:

  • Acceda ó portal de emisión de certificados de Harica
    https://cm.harica.gr
  • Seleccione "Academic Login", para acceder coas credenciais da universidade


  • Indique o nome da institución, "Universidade de Vigo" na entrada de texto que aparece, non é preciso indicalo enteiro, irá completando, cando apareza abaixo "Universidade de Vigo", prema no enlace:
  • Reenviaráselle á autenticación centralizada da Universidade de Vigo
  • Accederá ó panel de Harica
  • Pode solicitar un certificado para correo en "Email"
  • Seleccione o tipo de certificado "Email Only"
  •  Indique "Next"
  • Seleccione validar mediante envío de correo y "Next"
  • Confirme os datos e envíe, recibira unha mensaxe de correo que deberá aceptar
  • No labels