Acceso á axenda
Indo, na parte superior da páxina, a "Axenda", aparece a disposición xeral das axendas do usuario:
- En verde: o día de hoxe
- En branco: días laborables do mes actual (por defecto a vista é por mes)
Engadir, borrar, modificar eventos
Engadir un evento
- Prema no calendario no día no que quere engadir un evento
- Poderá indicar
- Datos do evento
- Inicio e fin (horas)
- Axenda na que o quere compartir (pode ser na que hai por defecto)
- Outros datos (ubicación, zona horaria)
- Descrición: Texto que describe o evento.
- Recordatorio (se se queren recibir avisos do evento)
Pódense recibir na páxina (se se ten aberta) ou por correo electrónico
Pódese definir- Antelación
- Tipo de notificación
- No navegador
- No escritorio (só funciona con algúns navegadores)
- Por correo electrónico
- No navegador
- Se é un evento aillado ou se vai a repetir ("Repetir")
- Engadir asistentes, ós que se notificará do evento
- Etiquetas para facilitar as búsquedas de eventos
- Datos do evento
Modificar un evento
Prema no evento a modificar, amosarase a mesma ventana de opcións que viu cando creou o evento
Crear novas axendas
Pode ter máis dunha axenda, os evnetos de estas pódense compartir por separado con usuarios distintos e identificar con cores distintas para distinguilas.
Ó crear un evento pódese indicar que se crea nesta axenda e aparecerá indicado coa cor da mesma na vista xeral:
- Crear un novo evento nesta axenda
- Vista xeral das axendas do usuario
Compartir axendas
Se comparte unha axenda, esta aparecerá marcada con un icono que indica que outros usuarios teñen acceso a ela:
Pode ver as carpetas que outros usuarios comparten con vostede en "Axendas compartidas"
Compartir a axenda con outros usuarios
Debe indicar os permisos de acceso que terá o usuario invitado:
- Se só pode ler a axenda (por defecto): "ler os eventos"
- Se a pode engadir e modificar, borrar eventos ou engadir novos eventos: "ler e modificar os eventos"