Software proporciionado polo ATIC
Poden acceder ó software proporcionado polo ATIC (antivirus, sistemas operativos, suites ofimáticas) á comunidade universitaria:
- Se están dentro da rede da Universidade de Vigo, accedendo ó recurso compartido de Windows: \\central.uvigo.es\software
- Independientemente da súa ubicación, accedendo á páxina web: http://si.uvigo.es/software
Servidor FTP público (ftp.uvigo.es)
O servidor FTP público permite acceder a réplicas (mirror) de software de diverso tipo.
O acceso o poden facer por FTP ou HTTP ó servidor ftp.uvigo.es.
Acceso dende un navegador web
Poden acceder dende un navegador web indo a http://ftp.uvigo.es.
Acceso dende un cliente FTP
Recomendamos sempre que sexa posible e se non é para a descarga de arquivos grandes empregar un navegador web.
Dende un cliente FTP compre que configuren un acceso a un FTP anónimo ("anonymous"). Os seguintes exemplos son imaxes do acceso empregando como cliente FileZilla:
En ocasións pode ser necesario especificar o tipo de acceso (modo "Pasivo"), dado que o modo "Activo" non sempre funciona correctamente (os firewalls nos ordenadores dos usuarios os bloquean).