Máis información
Espazos web de usuarios
Características dos servizo de aloxamento web para usuarios
- Pode solicitar o espazo calquera usuario cunha conta no dominio uvigo.es (contas do tipo usuario@uvigo.es)
- O usuario non ten por qué efectuar tarefas de mantemento fora da súa propia aplicación
- Actualización automática do contorno (sistema operativo, intérprete de php, servidor web) e mantemento do mesmo por parte do ATIC
- Require a responsabilidade por parte do usuario de manter actualizado o seu espazo web
- Non se garante o aillamento entre aplicacións aloxadas no mesmo servidor:
- En principio unhas aplicacións non verán os datos das demáis, pero dado que o contorno de execución é común non se pode garantir por completo este aillamento: as versións de software (php, servidor web, base de datos) e o software en execución (intérprete de php, servidor web, servidor de bases de datos) serán os mesmos.
- Limitacións no software dispoñible.
- Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web (https://portal.webs.uvigo.es).
- Actualizacións automáticas do software: Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario.
- Non se darán servizos de hosting adicionais como
- Acceso por terminal ó servidor
- Mantemento ou corrección de erros en aplicacións
- Consultoría sobre aplicacións web
Información técnica
A información máis actualizada e en detalle a poden consultar en https://portal.webs.uvigo.es
- Espazo web compartido nun único servidor
- Sistema operativo e aplicacións base comúns: Linux, servidor web Apache 2, php , base de datos mariaDB (mySQL)
- O espazo web do usuario publicarase como
- Acceso seguro HTTPS con certificado válido
https://usuario.webs.uvigo.es - Execución de páxinas dinámicas (PHP)
- Espazo dispoñible
- Webs persoais: 1GB
- Webs másteres / programas / departamentos / grupos investigación: 5GB
- Webs centros : 15GB
- Unha única base de datos por usuario (co mesmo nome que o login do usuario - sen dominio -) de acceso local.
Non se ten creada inicialmente, compre solicitala - Copia de seguridade
- Arquivos:
- Copia diaria dos datos, manterase ata 6 meses.
- Base de datos:
- Copia diaria completa dos datos (só se recuperarán copias completas da base de datos, non táboas ou datos soltos).
As últimas 6 copias estarán a disposición dos usuarios na carpeta "backups", manteranse as demáis ata 6 meses.
- Copia diaria completa dos datos (só se recuperarán copias completas da base de datos, non táboas ou datos soltos).
- Arquivos:
- Rexistros de acceso (logs)
- Acceso mediante FTP/SFTP/WebDAV para a actualización dos contidos
- Portal web de administración
Acceso web ás características do espazo na páxina: https://portal.webs.uvigo.es- Versións de software
- Acceso a base de datos (administración web)
- Estrutura de directorios
- Espazo en disco dispoñible
- Nomes alternativos
- Estatísticas de acceso (awstats)
- Sen aillamento entre aplicacións aloxadas no mesmo servidor
As aplicacións web en execución non ven os arquivos dos outros espazos web, pero o contorno de execución é común, polo que non se pode garantir un aillamento completo.
En todo caso o comportamento dunhas pode influir no rendemento observado noutras (os elementos base -servidor web, intérprete php, servidor de bases de datos - son comúns). - Limitacións no software dispoñible:
- Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web ((https://portal.webs.uvigo.es).
- Só se executarán tarefas periódicas (cron) en php e cunha frecuencia máxima dunha execución por hora
- Non se darán servizos de hosting adicionais:
- Acceso por terminal ó servidor
- Mantemento ou corrección de erros en aplicacións
- Consultoría sobre aplicacións web
- Actualizacións do software
Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario. - Acceso limitado
- FTP / SFTP / WebDAV : Actualizar arquivos
- Non se dará acceso de terminal (SSH ou mediante Applet Java) directamente ó servidor
- Acceso local á base de datos. Non se dará acceso directo (só vía web mediante phpmyadmin) ás bases de datos mySQL.
Limitacións do servizo
- Software dispoñible
- Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web https://portal.webs.uvigo.es
- Non se executarán linguaxes de programación distintas de PHP, en concreto non se executarán programas (CGI) no servidor
- Actualizacións do software:
Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario.
- Acceso
- Acceso para a modificación de arquivos mediante WebDAV / SFTP / FTP / FTPS
Por motivos de seguridade o acceso FTP só se permite cifrado (FTPS no porto 990 TCP ou FTP con SSL), e recoméndase, por dar menos problemas, o acceso SFTP para subir arquivos. - Non se dará acceso de terminal (SSH ou mediante Applet Java) directamente ó servidor
- Acceso local á base de datos. Non se dará acceso directo (só vía web mediante phpmyadmin en https://portal.webs.uvigo.es) ás bases de datos mySQL
- Acceso para a modificación de arquivos mediante WebDAV / SFTP / FTP / FTPS
- Nomes alternativos (hosts virtuais)
- Non se configurarán inicialmente nomes alternativos para o sitio, os usuarios poden solicitalos posteriormente.
- Non se habilitarán se entran en conflicto cou outros nomes ou servizos existentes na Universidade de Vigo ou se están reservados para o uso de centros ou servizos.
- Se se trata dun dominio non administrado polo ATIC da Universidade de Vigo este nome debe asociarse como un CNAME (alias) a: hosting.uvigo.es
- Isto non é suficiente para que o sitio se recoñeza no espazo web, compre que se solicite esta asociación entre o nome alternativo e o espazo web persoal de xeito explícito.
- Caducidade automática
- Para evitar a proliferación de espazos web abandonados cos problemas de seguridade asociados, os espazos web terán fixada unha caducidade inicial de 2 anos
- Pasado este tempo e se non hai unha renovación explícita do mesmo, a web deixará de ser publicada
- Pasados 6 meses dende esta retirada e se non hai ningunha petición para volvela a publicar borrarase definitivamente a web e as bases de datos asociadas
Solicitudes
- Activación inicial do espazo
Pode solicitala dende aquí - Ampliación do espazo en disco
Pode solicitala dende aquí
Condederase en función do espazo dispoñible para datos e copias de seguridade para os usuarios. - Base de datos
Pode solicitala dende aquí
Crearase unha única base de datos por aloxamento co mesmo nome que o login (sen dominio) do usuario. - Renovación (mantemento) do espazo
En caso de que o espazo otorgado esté próximo a expirar, pode facerse dende aquí - Recuperación de copias de seguridade
Pode solicitar a recuperación de datos do seu espazo web dende aquí - Acceso cun nome de sitio distinto (host virtual)
Se se desexa acceder cun nome distinto ó sitio (www.midominio.es, midominio.uvigo.es, etc.).
Pode solicitalo dende aquí
Normativa
Obrigas dos usuarios
Os usuarios comprométense a:
- Ler a dirección de correo asociada ó espazo web, xa sexa directamente ou redirixíndoa a outra dirección de correo
As notificacións remitidas polo ATIC só se enviarán a esta dirección de correo, isto inclúe:- Notificacións de expiración (caducidade) da conta
- Notificacións de incidentes de seguridade
- Avisos indicando actualización do contorno software
- Avisos de interrupcións programadas do servizo
- Notificacións de bloqueos ou cortes de servizo asociados a incidentes de seguridade no seu aloxamento web
- Manter actualizado o seu espazo web, co fin de evitar incidentes de seguridade ocasionados pola existencia de software non actualizado.
- Renovar periódicamente o espazo web, cando sexan avisados para elo polo ATIC
O usuario é o responsable único dos contidos publicados no seu espazo web.
Co uso do espazo web o usuario comprométese a aceptar estas condicións de uso.
ATIC | Campus Universitario | C.P. 36310 Vigo (Pontevedra) | España | Tfno.: +34 986 812668 | saum@uvigo.es