Árbol de páginas
Skip to end of metadata
Go to start of metadata

A) BALEIRADO DA PAPELEIRA

Para baleirar a Papeleira, liberando así espazo no noso buzón de correo, poderá procederse de dous xeitos diferentes:

  • OPCIÓN 1.- Ao premer co botón dereito do rato sobre o cartafol Papeleira do menú esquerdo do noso correo, desplegarásenos un novo menú de opcións, no que deberemos escoller a opción Vaciar (baleirar).

 

  • OPCIÓN 2.- Marcamos a ventá superior da lista de mensaxes, para o caso de que queiramos seleccionalos todos, ou eleximos as mensaxes concretas que queiramos eliminar. A continuación, só teremos que premer na pestana superior Eliminar, e xa quedarán borradas do noso buzón definitivamente.




B) CONFIGURACIÓN E MANTENEMENTO DA PAPELEIRA

Por defecto, a primeira vez que eliminemos unha mensaxe, se con anterioridade non modificamos ningunha opción en Eliminación y traslado de mensajes, mandarase ao cartafol interno Trash que, ao premer en Acc. de carpeta e seleccionar Mostrar todos los buzones,

aparecerá coa denominación de cartafol Papeleira.

 

Pode acontecer que ao seleccionar as mensaxes que queiramos eliminar, e premer na pestana Eliminar, aparezan cunha tachadura e ensombrecidos, pero que non desaparezan da bandexa como sucedía no caso anterior (como se amosa na figura).

 

Isto ocorre porque na configuración do noso correo non seleccionamos que ao eliminar as mensaxes foran mandadas á Papeleira no lugar de ser simplemente marcadas coma eliminadas no buzón actual.

 

Para configurar isto correctamente, faremos o seguinte:

Primeiro crearemos un novo cartafol que posteriormente será empregado como Papeleira. Poderemos poñerlle o nome que queiramos (por exemplo, Basura). Para iso, prememos en Acc. de carpeta e seleccionamos Crear buzón.

 

Abrirásenos unha ventá na que deberemos poñer o nome do novo cartafol (no noso caso, Basura) e lle daremos a Aceptar.

 

O novo cartafol aparecerá no noso entorno de correo.

 

Agora deberemos vincularlle a este novo cartafol o rol de Papeleira. Para isto, prememos na pestana co símbolo , e seleccionamos Opciones > Correo.

 

Abrirásenos o listado de Opciones de Correo. Agora deberemos seleccionar, dentro da sección Mensaje, a opción de Eliminación y traslado de mensajes.

 

Deberemos entón marcar a opción ¿Trasladar mensajes eliminados a la papelera en vez de marcarlos como eliminados en el buzón actual? e premer logo en Guardar.

 

Nese intre desplegaránsenos unha serie de novas opcións nas que poderemos elexir cal será o Cartafol Papeleira ao que enviar as mensaxes eliminadas. Por defecto apareceranos Ninguna.

 

Desplegaremos as posibilidades de elección, e seleccionamos a que queiramos.

 

Para o caso do noso exemplo, eleximos Basura.

Outras das novas opcións que nos aparecen permítennos seleccionar cada canto tempo desexamos que se realice automáticamente un purgado da papeleira, e os días mínimos de antiguedade que deberán ter as mensaxes a purgar.

Unha vez configurados os parámetros, deberemos premer en Guardar para aplicar tódolos cambios seleccionados.

 

Se voltamos agora ao buzón de entrada, poderemos comprobar que xa nos aparece no menú esquerdo o cartafol Papeleira.

  • Sin etiquetas